Pablo Crespo, primeira incorporación para a SD Compostela 22/23

29 de Xuño de 2022
  • O central zurdo procede do Coruxo, onde xogou as últimas cinco tempadas, e ten unha gran experiencia en Segunda B

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022

Pablo Crespo González (San Vicente de Toranzo -Cantabria-, 16/10/1994) é a primeira incorporación da SD Compostela para Tempada 2022/23. O experimentado central zurdo asina por unha campaña, procede do Coruxo, equipo co que disputou o últimos cinco cursos, e conta cunha ampla traxectoria na Segunda División B.

Pablo Crespo é un xogador experimentado na categoría, que destaca pola súa contundencia e solidez en tarefas defensivas, calidades que levaron á dirección deportiva a afrontar a súa fichaxe. Ademais, tamén achegará unha boa saída de balón en curto e longo.

A súa carreira deportiva comezou na súa terra natal, Cantabria, destacando na División de Honra Xuvenil, debutando (oito duelos) co Gimnástica Torrelavega na división de bronce do fútbol nacional. Ese gran rendemento chamou a atención do Celta, que o recrutou para o seu filial no seu primeiro ano sénior. Esa campaña compaxinaría o conxunto vigués cunha cesión ao Tropezón, ambos no Grupo 1 da 2ªB, para un total de vinte e catro partidos xogados.

Ao seguinte curso, volveu a Vigo para disputar vinte encontros co Celta B, antes de baixar un chanzo e participar en trinta e seis duelos co Deportivo Aragón de Terceira, logrando o campionato de Liga e quedando apeados do ascenso na última rolda.

Tras ese breve paso por Terceira, regresou a Galicia para destacar no Boiro de Segunda B, onde tamén sería importante, disputando vinte e un encontros. E de terras do Barbanza, viaxou de novo a Vigo, esta vez, para incorporarse ao Coruxo, onde estivo dende aquela.

No conxunto de O Vao, Pablo Crespo foi clave da defensa, disputando, respectivamente, 33, 34, 26, 23 e 26 partidos nas súas cinco tempadas, catro delas en Segunda B e a última na Segunda RFEF.

En total, aos seus 27 anos, Pablo Crespo suma 187 encontros en Segunda B, 26 en Segunda RFEF e 36 en Terceira, sendo peza capital de todos os equipos polos que pasou.

Coa súa incorporación, son nove os xogadores que teñen contrato para a próxima tempada: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Pablo Antas, Fer Beltrán, Jordan e Pablo Durán.

Benvido a Santiago, Pablo!

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Non puido serO Compos caeu na última xornada, na súa visita a @racingcantera, quedando sen posibilidades de playoff 👉 Os nosos terminan a liga en séptimo lugar con 47 puntos 📸 @jtphotograpy ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCantera - Real Racing Club 3️⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸Cantera - Real Racing Club 0️⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤Samu 👉 Por diante un Compos que tivo as mellores opcións nesta primeira metade#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 💛🖤📸 jtphotograpy#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 | Antón Permuy 💛🖤⚽️ ONCE do COMPOS🆚 Cantera - Real Racing Club ⌚️ 12.00🏟 Nando Yosu#rayocantabriacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.