Goris promociona ao primeiro equipo do Compos

18 de Xullo de 2025
Goris promociona ao primeiro equipo da SD Compostela para a Tempada 2025/26.
  • Goris, que xa debutara en 2ª RFEF, será parte do plantel da SD Compostela na Tempada 25/26

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025

Do filial ao primeiro equipo. Joaquís Goris Abelenda (Bembibre, 14/04/2004) formará parte do plantel da SD Compostela na Tempada 2025/26. O canteirán compostelanista, que xa debutara en Segunda RFEF, promociona tras dúas grandes campañas no Sigüeiro. Ocupará ficha sub-23 e firma por unha tempada.

Aos seus 21 anos, Goris é un mediocentro creativo, con gran capacidade para asociarse e levar o tempo do equipo, unhas calidades que xa demostrara nas categorías de formación e que consolidou en Preferente.

Goris chegou ao Compos no seu segundo ano de xuvenil, procedente do Conxo Santiago, para reforzar o equipo de División de Honra. Tras dous bos cursos ascendeu ao Sigüeiro, no que foi peza fundamental durante estas dúas últimas campañas.

No filial do Compos disputou 67 partidos oficiais, 33 o primeiro ano (27 de titular) e 34 no segundo (32 de titular), para sumar máis de 5.000 minutos de xogo. Neles, ademais, marcou 8 goles.

Ao mesmo tempo, durante todos estes anos foi un habitual nos adestramentos do primeiro equipo, formando parte tamén das pretempadas e chegando a debutar en partido oficial en Segunda RFEF. Foi en xaneiro de 2024, nun duelo no Vero Boquete contra o Raio Cantabria, cando Goris saltou ao campo nos últimos minutos para rubricar a vitoria branquiazul por 3-1.

Con moita ilusión, o luns iniciará os adestramentos como membro de pleno dereito do primeiro equipo do Compos, arrincando unha tempada na que achegará o seu traballo e calidade co obxectivo de acadar o ascenso.

Parabéns, Goris!

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.