O Compos suma un punto na casa contra o Barbadás

2 de Novembro de 2025
Mobify, líder da mobilidade sostible do Compos, foi o patrocinador do encontro.
O Compos celebrando o seu gol no partido.
Armental foi o autor do gol do empate do Compos contra o Barbadás.
Porrúa, titular hoxe por primeira vez, conduce un balón durante o partido.
  • Os nosos empataron 1-1, con gol de Armental, nun partido que dominaron, pero no que faltou remate

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2025

A SD Compostela sumou un punto máis na Liga tras empatar 1-1 contra o Barbadás. Por primeira vez nesta tempada, os nosos non puideron sacar os tres puntos na casa. O Compos dominou de principio a fin, levou todo o peso do partido, pero faltoulle remate. Un punto máis, en todo caso, que permite ao equipo seguir no alto da táboa.

O duelo, como en xornadas anteriores, comezou da mellor maneira. Aos cinco minutos, primeiro gol. Entrada por banda de Adrián Armental e definición perfecta ao segundo pau. 1-0 e a contenda que empezaba da mellor maneira.

Con vantaxe, o Compos foise a polo segundo, ante un rival que non saía de campo propio. Tívoa Samu, cun remate sacado polo porteiro, e tamén Parapar, nun testarazo que se estrelou contra a cabeza de Maceira, cando ía en dirección á rede.

Por iso, a vantaxe era mínima ao descanso e aproveitouse o Barbadás, que nada máis arrincar a segunda parte atopouse cun tanto, obra de Ismael.

A partir dese momento, o Compos foise con todo a pola vitoria, pero non acabou atopando o premio. Rozouno Armental, Cañi e Uzal, pero non conseguiron conectar a pelota coa rede. Especialmente destacada foi a oportunidade do primeiro, rematando na área pequena, pero o porteiro sacouna sobre a liña.

Finalmente, 1-1 e repartición de puntos. O Compos segue líder e a próxima semana enfrontarase ao Vilalbés en Vilalba.

FICHA TÉCNICA

1 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Diego Rodríguez, Pablo Crespo, Damián Noya (Valín, min.68); Diego Uzal, Mateo (Quico, min.89), Samu (J. Cañizares, min.68); Porrúa (Antón Guisande, min.58), Parapar, Adrián Armental; e Maceira (Carlos López, min.58).

1 – UD BARBADÁS: Borja; Pablo Ruiz, Corzo, Marcelo, Kevin, Nespereira; Villar (Cougil, min.78), Toño (Soriano, min.78), Joao Teixeira, Presas (Róber, min.84); e Ismael (Etien, min.89).

GOLES: 1-0: Adrián Armental, min.5; 1-1: Ismael, min.52.

ÁRBITRO: Carlos Martínez (Vigo). Amoestou a Diego Uzal, polo Compos; e a Joao Teixeira e Soriano, polo Barbadás.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 9 do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.145 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 12🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ CD José Luis Compañón - Ibaia 3#alavésbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.