Vitoria balsámica 5-1 contra o Gran Peña

2 de Abril de 2026
O Compos venceu ao Gran Peña 5-1 no Vero Boquete.
Cañi, dende os 11 metros, puxo o 2-1.
Samu celebra con rabia o seu primeiro gol no partido, o momentáneo 3-1.
Álex Cobo estivo moi seguro baixo paus nas accións nas que tivo que intervir.
Samu marcou un dobrete, cun golazo de falta.
O Compos celebra un dos goles da mañá no Vero Boquete.
O Compos goleou na casa para regresar á senda do triunfo.
Zuba volveu contar con minutos no Vero Boquete.
O partido contra o Gran Peña estivo patrocinado por Ojoalvatio, asesoría enerxética que segue apoiando o proxecto do Compos.
  • O Compos conseguiu o seu primeiro triunfo da semana goleando na casa, 5-1, logrando tres puntos vitais

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2026

A vitoria era vital para o Compos e acadouna. Os nosos golearon na casa, 5-1, contra o Gran Peña, conseguindo o primeiro dos triunfos necesarios nesta semana Santa. Unha vitoria balsámica que permite aos nosos relanzarse e regresar á boa senda.

Coa misión de ganar ou gañar, o Compos saltou ao Vero Boquete concienciados e unidos de que xuntos se podía reverter a situación das últimas semanas. Con todo, a tarefa púxose máis complicada ao cuarto de hora. O árbitro decretou penalti nunha caída de Coira na área e Fran López, excompostelanista, enganou a Cobo para poñer o 0-1.

Abaixo no marcador, tentaron reaccionar os nosos, aínda que as imprecisións nos metros finais condicionábanlle. Aínda así, comezaron a acumular chegadas, con tiros de Cañi e Antón Guisande que se escaparon por pouco, ata que chegou o gol.

No 40, tras unha presión alta ben executada, o Compos roubou, Armental buscou o desmarque de Cañi, cortando un defensa, pero a pelota quedou morta na área e Diego Rodríguez, chegando desde atrás e de primeiras, empalouna forte para superar ao porteiro. O seu primeiro gol da tempada e 1-1.

E nada máis marcar, puido caer o segundo, pero o desmarque e pase da morte de Antón Guisande non foi quen de remachalo Charly. Por iso, chegouse ao intermedio co 1-1.

Á volta dos vestiarios, co impulso deste tanto, o Compos seguiu imprimindo un ritmo alto ao partido e comezaron a chegar as ocasións e os goles. Tras un tanto anulado a Charly, na seguinte xogada, Armental adiantouse ao defensa, que o derrubou: penalti. Cañi, colocou pelota nos once metros e enganou á perfección a Andrés. 2-1.

Por diante no luminoso, o Compos seguiu coa súa boa onda e, a pesar dun aviso visitante, cun disparo ao pau, a contenda acabouse de decantar no 70. Diego, moi activo pola banda, atopou ao espazo a Antón Guisande, que lle gañou a carreira ao porteiro, puxo o centro á área e aínda que Charly non puido culminala, si o fixo Samu, chegando desde atrás, para fusilar a pelota á rede. 3-1.

E pouco despois, tras unha falta no borde da área, Samu selou o seu dobrete particular cun golazo de tiro directo que entrou pegado ao pau. 4-1.

Pero non sería o último da mañá, xa que, nos minutos finais, sorprendendo a todos, Antón Guisande sacouse un recurso da chistera para superar a Andrés desde o centro do campo. Un auténtico golazo para pechar a goleada e selar o obxectivo branquiazul.

Con este 5-1, o Compos recupera as boas sensacións e, ademais, regresa ao liderado. Co primeiro obxectivo cumprido, o domingo buscará repetir vitoria, de novo na casa e de novo ás 12:00 horas, contra o Atlético Arteixo.

FICHA TÉCNICA

5 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Diego Rodríguez (Valín, min.71), Riki Mangana (Zuba, min.85), Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Samu; Armental (Unai, min.65), Antón Guisande, Cañi (Aarón Martínez, min.65); e Charly (Rosón, min.71).

1 – GRAN PEÑA FC: Andrés; Armada, Vila (Amet, min.79), Rubio, Mati (Cantero, min.46), Lago; Antón de Vicente (Marcos Fontán, min.79), Iker; Fran López, Coira (Dani Landesa, min.79) e Cellerino (Tyrone, min.88).

ÁRBITRO: Pablo García (Pontevedra). Amoestou a Riki Mangana, polo Compos; e a Mati e Cantero, polo Gran Peña.

GOLES: 0-1: Fran López (p.), min.14; 1-1: Diego Rodríguez, min.40; 2-1: Cañi (p.), min.53; 3-1: Samu, min.70; 4-1: Samu, min.79; 5-1: Antón Guisande, min.84.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 23 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.023 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.