Ao Compos escápaselle a vitoria en Noia no último minuto

29 de Marzo de 2026
Vecho estivo hoxe no banco pola sanción a Secho e Fiz.
Rosón, antes de botar unha falta.
Samu, hoxe capitán, liderou ao equipo no centro do campo en Noia.
Diego Uzal dando un pase diante de Muíño, excanteirán do Compos.
Armental foi un dos máis incisivos pola banda.
Damián Noya estivo moi serio sacando o balón desde atrás.
Antón Guisande tivo a ocasión máis clara do Compos no partido, máis alá do gol.
Maceira celebrando o seu gol.
  • Tras pórse por diante con gol de Maceira, os nosos quedaron con dez e encaixaron gol, de penalti, na última xogada

Noia, 28 de marzo de 2026

O Compos deixou escapar en Noia unha vitoria que tiña na man no último minuto. Os nosos empataron 1-1 un duelo moi igualado, no que ambos equipos anotaron desde os once metros.

O partido comezou cun Compos dominador, ao que lle custaba chegar ao arco rival. Das botas de Armental chegaron as mellores opcións, grazas a dous centros que foron rematados por Rosón, o primeiro coa zurda e o segundo de cabeza, ambos ás mans do porteiro. Pola súa banda, atrás os nosos non concederon nada, polo que se chegou ao intermedio 0-0.

Á volta dos vestiarios, a tónica mantívose igual, pero nesta ocasión, o Compos atoparía unha ocasión inmellorable. Á hora de partido, Antón Guisande picou ao espazo, plantouse no man a man, pero non puido superar a Brais.

Co paso dos minutos, os nosos arriscaron máis e acabaron atopando o premio no 80, nun centro de Parapar que golpeou na man de Adri, penalti. Maceira encargouse de executalo e de marcalo, sumando o seu décimo cuarto tanto da tempada. 0-1.

O máis difícil estaba logrado, pero dous minutos máis tarde, o pichichi compostelanista era expulsado por un duelo aéreo no que empregou o brazo, recibindo a segunda amarela.

A superioridade numérica animou aos locais que se foron arriba buscando o empate e atopárono, tras un saque de banda, no último minuto. Tras varios rexeites a pelota golpeou no brazo de Charly, que estaba de costas, e o colexiado decretou pena máxima. Marcou Kanté, enganando a Álex Cobo. 1-1 final.

Segundo empate seguido dun Compos que agora encara dous partidos na casa en Semana Santa, ambos ás 12:00 horas. O xoves ante a Gran Peña e o domingo contra o Arteixo. Toca loitar e regresar á senda dos triunfos.

FICHA TÉCNICA

1 – NOIA CF: Brais; Paco, Adrián, David Noya, Xabi, Rachu; Mario Regueiro (Manu Sánchez, min.68), Mario (Fabio, min.85), Axel (Miguel, min.85), Juan Barros (Iván, min.68); e Muiño (Kanté, min.68).

1 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Riki Mangana, Diego Uzal, Pablo Crespo, Damián Noya; Samu; Armental (Aarón Martínez, min.89), Parapar (Valín, min.89), Rosón (Unai Peón, min.63), Antón Guisande (Charly, min.90); e Maceira.

GOLES: 0-1: Maceira (p.), min.81; 1-1: Kanté (p.), min.90+7.

ÁRBITRO: Adam Rodríguez (Ourense). Expulsou a Maceira (min.82), por dobre amarela, e a Luis Bonilla (min.85), adestrador do Noia, con vermella directa. Ademais, amoestou a Xabi, Adrián, Kanté e Rachu, polo Noia; e a Diego Uzal e Unai, polo Compos.

INCIDENCIAS: Estadio Julio Mato (Noia). Xornada 28 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF. Importante presenza de afeccionados do Compos nas bancadas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.