O Compos non pasa do empate sen goles ante o Vilalbés

22 de Marzo de 2026
Parapar foi un dos que tentou romper o 0-0 sen éxito nos seus disparos.
Riki Mangana despexa un balón.
Unai subiu pola banda en varias ocasións, pero os seus centros non encontraron premio.
Antón Guisande, que entrou desde o banco, foi un dos máis incisivos nos minutos finais.
Moncho Carril e Jesús Asorey, abonados do club, foron homenaxeados como membros da Orde da Uña de San Lázaro.
  • Os nosos igualaron 0-0 na casa, a pesar de xerar ocasións para marcar algún gol

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2026

O Compos tentouno, pero non puido pechar a semana co 9 de 9. Os nosos empataron ma casa, 0-0, contra un Racing Vilalbés que se encerrou atrás e que evitou cada ataque compostelanista. Con este empate, o Compos segue líder, pero empatado no alto da clasificación.

No que respecta ao partido, na primeira parte, a máis clara tívoa Maceira, tras quitarlle a pelota a un central, pero co porteiro descolocado, o seu disparo de exterior escapóuselle por encima do traveseiro.

E na segunda, as ocasións multiplicáronse, contra un rival encerrado, pero Santomé en varias ocasións e balóns que se escaparon por pouco, evitaron o gol local. Entre as máis claras, unha falta de Samu ou unha chegada de Damián, sacadas polo porteiro; así como un tiro de Rosón, tras un rexeite que se marchou por milímetros. Ademais, os nosos reclamaron un penalti sobre Charly, tras ser agarrado cando estaba só na área para remachar o centro de Armental.

Ante a falta de acerto, o partido acabou igual que empezou, 0-0. Os nosos buscarán agora manter o liderado, a próxima fin de semana, contra o Noia.

FICHA TÉCNICA

0 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Riki Mangana, Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Samu, Unai (Rosón, min.79); Armental, Parapar, Cañi (Antón Guisande, min.58); e Maceira (Charly, min.79).

0 – RACING CLUB VILALBÉS: Santomé; López, Edu, Cadra, Santi Prado, Buyo (Pablo Trigo, min.74); Make, David García; Anthony (Borja Míguez, min.52), Jose Varela e Manu (Javi Rey, min.52).

GOLES: Sen goles.

ÁRBITRO: Rubén Fernández (Ourense). Expulsou a Fiz Rodríguez (banco) e Secho Martínez (unha vez acabado o partido). Ademais, amoestou a Anthony, Borja Míguez, David García e Make, polo Vilalbés.

INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 27 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.033 espectadores. Antes do inicio, Moncho Carril, abonado do club, e Jesús Asorey, abonado e delegado do Compos nos anos noventa, realizaron o saque de honra como membros da Orde da Uña, entidade que se homenaxea durante as festas da Uña de San Lázaro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🖤 O primeiro equipo, no regreso ao traballo esta mañá, gardou un respectuoso minuto de silencio por Jesús de Miguel Descansa en paz ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRIMEIRO DERBI NA NOSA CASA CONFIRMADO🤝💡 Un partidazo patrocinado por Ojoalvatio ⚽️ Xornada 11🆚 Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.