-
Os nosos igualaron 0-0 na casa, a pesar de xerar ocasións para marcar algún gol
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2026
O Compos tentouno, pero non puido pechar a semana co 9 de 9. Os nosos empataron ma casa, 0-0, contra un Racing Vilalbés que se encerrou atrás e que evitou cada ataque compostelanista. Con este empate, o Compos segue líder, pero empatado no alto da clasificación.
No que respecta ao partido, na primeira parte, a máis clara tívoa Maceira, tras quitarlle a pelota a un central, pero co porteiro descolocado, o seu disparo de exterior escapóuselle por encima do traveseiro.
E na segunda, as ocasións multiplicáronse, contra un rival encerrado, pero Santomé en varias ocasións e balóns que se escaparon por pouco, evitaron o gol local. Entre as máis claras, unha falta de Samu ou unha chegada de Damián, sacadas polo porteiro; así como un tiro de Rosón, tras un rexeite que se marchou por milímetros. Ademais, os nosos reclamaron un penalti sobre Charly, tras ser agarrado cando estaba só na área para remachar o centro de Armental.
Ante a falta de acerto, o partido acabou igual que empezou, 0-0. Os nosos buscarán agora manter o liderado, a próxima fin de semana, contra o Noia.
FICHA TÉCNICA
0 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Riki Mangana, Pablo Crespo, Damián Noya; Diego Uzal, Samu, Unai (Rosón, min.79); Armental, Parapar, Cañi (Antón Guisande, min.58); e Maceira (Charly, min.79).
0 – RACING CLUB VILALBÉS: Santomé; López, Edu, Cadra, Santi Prado, Buyo (Pablo Trigo, min.74); Make, David García; Anthony (Borja Míguez, min.52), Jose Varela e Manu (Javi Rey, min.52).
GOLES: Sen goles.
ÁRBITRO: Rubén Fernández (Ourense). Expulsou a Fiz Rodríguez (banco) e Secho Martínez (unha vez acabado o partido). Ademais, amoestou a Anthony, Borja Míguez, David García e Make, polo Vilalbés.
INCIDENCIAS: Estadio Vero Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 27 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF disputado ante 1.033 espectadores. Antes do inicio, Moncho Carril, abonado do club, e Jesús Asorey, abonado e delegado do Compos nos anos noventa, realizaron o saque de honra como membros da Orde da Uña, entidade que se homenaxea durante as festas da Uña de San Lázaro.








