Maceira sela o primeiro triunfo como visitantes da segunda volta

20 de Marzo de 2026
Riki Mangana, nun saque de banda, coa afección do Compos por detrás.
Álex Cobo volveu deixar a portería a cero por segunda xornada consecutiva.
Parapar tivo a máis clara na primeira parte cun disparo ao longueiro.
Diego Uzal estivo de novo imperial no centro do campo.
Pablo Crespo remata de cabeza unha xogada ensaiada que se marchou fóra por moi pouco.
Armental, que deu unha nova asistencia na Liga, realizando unha volea, nunha das mellores ocasións do Compos.
Maceira marcou o seu décimo terceiro gol da tempada para selar o triunfo do Compos.
Maceira celebra o seu gol cos compañeiros.
  • Un taconazo de Maceira permitiu ao Compos sumar a súa segunda vitoria consecutiva

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2026

Segundo triunfo seguido e primeira vitoria como visitantes da segunda volta. Un gol de Maceira, na visita a Barbadás, permite ao Compos seguir no alto da clasificación. 0-1 final e obxectivo cumprido na xornada intersemanal.

O duelo nos Carrís tivo que cociñarse a fogo lento. O Compos atopouse cun rival moi repregado, que tentaba pechar todos os espazos posibles e buscar as contras en cada roubo. Por iso, levou a batuta con calma ata poder atopar o premio.

Na primeira parte, a máis clara estivo nas botas de Parapar, cun disparo afastado que se estrelou no traveseiro. Mentres tanto, Álex Cobo non tivo que intervir en ningunha acción. Así, chegouse ao descanso coa igualada inicial.

Pola súa banda, na segunda, o Compos tentou imprimirlle máis ritmo ao duelo, con constantes achegamentos, aínda que sen atopar unha ocasión clara. Opción que si chegaría no 80, cando tras una acción pola esquerda, Antón Guisande poñíaa á área, Armental tocábaa coa cabeza, outra asistencia, e Maceira, de tacón, mandábaa á rede. Un golazo, o seu décimo terceiro da tempada, e 0-1.

Coa vantaxe, o Compos soubo controlar o partido, dominar os tempos e selar a merecida e necesaria vitoria. Con tres puntos, os nosos seguen no alto da táboa, con dous de vantaxe sobre o segundo.

Este domingo, ás 18:00 horas no Vero Boquete, novo reto na casa contra o Racing Vilalbés.

FICHA TÉCNICA

0 – UD BARBADÁS: Borja Atanes, Nespereira, Corzo, Infa (Villar, min.65), Toño, Iker, Isma (Soriano, min.81), Roberto Reyes, Kevin, Poch e Marcelo (Pablo Ruiz, min.65).

1 – SD COMPOSTELA: Álex Cobo; Riki Mangana, Diego Uzal, Pablo Crespo, Damián Noya; David Rosón (Armental, min.46), Samu, Unai Peón (Valín, min.73); Cañi, Parapar (Charly, min.82) e Maceira (Zuba, min.90+2).

GOLES: 1-0: Maceira, min.80.

ÁRBITRO: Juan Luís Davila (Vigo). Amoestou a Infa, Marcelo, Isma, Villar e Corzo, polo Barbadás; e a Samu e Charly, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo dos Carrís (Barbadás). Xornada 26 de Liga do Grupo 1 da Terceira RFEF. Importante presenza de afeccionados do Compos. Antes do partido fíxose unha homenaxe a Modesto, ex-xogador ourensán que xogou na SD Compostela nos anos 90, disputando partidos na Primeira División.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCoruxo FC 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ BubaO DERBI É NOSO 🩵🤍TRES PUNTOS VITAIS NUN GRAN ENCONTRO 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO NO VAO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCORUXO F.C. 0️⃣-0️⃣ COMPOSBoa primeira parte dos nosos, apertando e roubando moitos balóns, pero sen conseguir acertar no último terzo📸 Nacho Castaño #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.