A S.D. Compostela, moi sólida en El Plantío, obtén un valioso empate

18 de Outubro de 2015
empate
Fotografía de Burgos C.F

 

BURGOS C.F (1): Toni, Sergio, Aitor, José M. Pérez, Quesada, Zarandona, Sergio Cortés (1), Prosi-(Andrés), Ander Vitoria-(Pepe), Adrián Hernández, Luis Ángel-(Jose Fran).

SD COMPOSTELA (1): Pato, Jesús Varela-(Josu), Jimmy, Sergio Sánchez, Catú, Marcos Rodríguez, Goti, Mon-(Fondevila), Chiño-(Orbegozo), Joaquín, Rubén Sánchez.

 

A S.D. Compostela sumou un punto na novena xornada de liga ante o Burgos F.C. nun duelo no que os de Iñaki Alonso foron superiores en ataque pero non lograron materializar ese dominio.

Obrigado pola situación clasificatoria, a SD Compostela comezou o partido con valentía, buscando a porta rival sen especular. No minuto 16, Toni, o porteiro do Burgos, evitou o primeiro tanto dos santiagueses pero nada puido facer no minuto 22, cando unha falta executada por Sergio Sánchez, coábase na portería castelá. Ese gol foi o fiel reflexo do dominio visitante. Por primeira vez en moito tempo, o partido poñíase de cara á Esedé.

Intentou reaccionar o Burgos por medio de Zarandona pero a defensa do Compostela logrou desbaratar esa ocasión do Burgos. Os últimos minutos do primeiro tempo convertéronse nun intercambio de golpes en busca do gol nas dúas áreas. No minuto 33, Joaquín probou cun disparo que se foi desviado e acto seguido Rubén Sánchez xerou outra opción de perigo pola banda.

O Burgos, lonxe de encerrarse no seu campo, tamén buscou o gol do empate. Gol que logrou Prosi anticipándose á defensa compostelana. Por fortuna para o cadro de Iñaki Alonso, o colexiado anulou o tanto por fóra de xogo.

Antes do descanso, o Compostela puido ampliar o marcador tras unha boa acción trenzada que protagonizaron Jimmy e Joaquín; tamén tiveron opción de marcar Rubén e Marcos Rodríguez pero os xogadores fóronse ao descanso co 0 a 1 no marcador.

Na segunda metade o partido tomou un xiro diferente, cun Burgos máis agresivo, adiantando liñas e decidido a buscar o gol do empate.

O primeiro aviso do Burgos chegou por medio de Sergio Cortés; quen se plantou diante de “Pato” en posición antirreglamentaria. Unha acción que sería preludio do gol do Burgos. De novo Sergio Cortés lograba poñerse diante de “Pato”, a quen agora si, batía para establecer o empate no marcador no minuto 79.

O Compostela, sabedor da importancia que tiñan estes tres puntos, arriscou e dispuxo dun par de ocasións para voltear o partido. No minuto 85 Goti, tras un bo pase de Joaquín, sacouse un disparo envenenado que se escapou pegado ao travesaño da portería burgalesa.

A última oportunidade do Compos chegou nos pés de Sergio Sánchez. O goleador do Compostela no Plantío dispuxo dunha falta directa para marcar pero o seu disparo non atopou portería. Non houbo tempo para máis. O Compostela mostrou unha imaxe moi sólida no Plantío, e retornou de Burgos cun valioso empate.

O vindeiro domingo, a SD Compostela terá outro exame esixente. Chegará a San Lázaro o Guijuelo, o segundo clasificado da liga.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🌟🪄 Que maneira de estrearse!Dani González marcou os primeiros goles coa camiseta compostelanista en partido oficial 🩵🤍⚽️ Un dobrete (+1⃣ asistencia) fundamental para conseguir os tres puntos na casa📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.