A S.D. Compostela firma un empate nun intenso duelo ante o Astorga

19 de Decembro de 2015
DSC_0051
                  Fotografía: Amadeo Rey

O adestrador da S.D. Compostela, Alberto Mariano, xa o anunciou na previa: ?Imos á guerra? e é que a 18ª xornada de liga convertíase no partido máis importante da primeira volta para o cadro santiagués no seu enfrontamento contra o Atlético Astorga. O último e o penúltimo equipo da táboa xogábanse tres importantísimos puntos antes do parón navideño. Pola súa banda os xogadores do equipo leonés xa deixaban entrever antes de saltar ao campo que ían saír a por todas. Ao final partido moi disputado, con moitas alternativas, un sinfín de ocasións e un reparto de puntos.

Os primeiros vinte minutos transcorreron sen un claro dominador, pero o equipo local dispuxo as mellores ocasións. No minuto 12 un erro da defensa galega posibilitou que Pevida, o dianteiro do Astorga, quedásese só ante Pato, pero o porteiro da S.D. Compostela logrou evitar que o balón coásese na portería. Era o primeiro aviso dos homes de Paulino, que non estaban dispostos a deixar escapar o encontro na Eragundina.

No minuto 21 de novo o porteiro do Compostela, o máis destacado no partido, realizou outra gran intervención. Era o segundo aviso do Astorga e tanta insistencia dos locais permitiulles finalmente abrir o marcador. No minuto 26 Victor aproveitaba un rexeite desde unha falta lateral para poñer ao Astorga en vantaxe.

Co marcador en contra o Compostela non se botou atrás e intentou reaccionar. Antes do descanso Jordan tivo a mellor oportunidade para lograr o empate ao quedarse só ante Riki, o porteiro do Astorga, pero o disparo de Jordan marchouse desviado.

Tralo paso polos vestuarios a S.D. Compostela mostrou unha actitude moi diferente. Deixou a ansiedade ao carón e tomou as rendas do partido. Alberto Mariano acertou cos cambios; a entrada de Fondevila e Rubén Sánchez dotou de maior profundidade ao cadro santiagués.

Con esta nova disposición, e dominando o partido, chegou o gol do empate para a Esedé nunha xogada a balón parado que iniciou Joaquín e que finalizou Orbegozo cun gran remate de cabeza.

Tralo gol de Orbegozo o partido entrou nunha nova dimensión, os minutos finais foron intensos, de constantes chegadas nas dúas áreas. Os dous equipos dispuxeron de claras ocasións para marcar. O Compostela dispuxo de dous saques de esquina e en ambos tivo dúas claras ocasións para levarse os tres puntos.

Ambos equipos apertaron ata o último segundo da prolongación, pero ao final o partido acabou en táboas. Un resultado que deixa na mesma situación ao conxunto leonés e ao Compostela.

Agora toca semana de descanso para o equipo co parón navideño. Os de Alberto Mariano poderán gozar duns días en familia antes de afrontar o último partido da primeira volta.

ATLÉTICO ASTORGA F.C. (1): Riki, Manu-(Marcos, min 80), Juanra, Antonio, Victor(1), Saúl, Diego, Pino-(victor Andrés, min 75), Roberto Puente, David Bandera, Pevida-(Cristian, min 69)

S.D. COMPOSTELA (1): Pato, Josu-(Rubén Sánchez, min 46), Jimmy, Portela, Catú, Marcos Rodríguez, Jordan, Javi Moreno-(Fondevila, min 46), Orbegozo(1), Joaquín, Gerard Oliva.

GOLES: 1-0 Victor (min 26), 1-1 Orbegozo (min 51).

ÁRBITRO: González Esteban Jon Ander (C.T.A. Vasco). Amonestou con cartón amarelo a Javi Moreno (min 36) e a Catú (min 63). No Atlético Astorga foron amonestados, tamén con cartón amarelo: Saúl Crespo (min 76) y Víctor Andrés (min 79)

INCIDENCIAS: Realizouse un minuto de silencio precio ó encontro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
♻️ Selo #ecompos 🏟️ Grazas á nosa colaboración con Ecoembes, fomentaremos a reciclaxe nos nosos partidos no Vero Boquete 🚮 A asociación posibilitará a presenza de contedores azuis e amarelos nos encontros do Compos como local 📸 Esta semana, selamos o acordo no Estadio coa presenza de Bruno de Llano Gómez Ulla, especialista en gestión local y autonómica de #ecoembes en Galicia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, derbi na nosa casa para recuperar a senda do triunfoPatrocinado por Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud 🤝🩵🤍 ⚽️ 𝐗𝟏𝟏🆚 CF Noia 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Xeral: 12€ | Menores de idade: 2€📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composnoia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud, novo responsable dos servizos médicos integrais do Compos 👉 O centro sanitario compostelán, do Grupo SCQ Salud e situado na praza de Galicia, coidará do benestar dos nosos xogadores 👨‍⚕️ Están especializados nunha atención médica integral de calidade e contan cun grupo de profesionais altamente cualificados Benvidos ao Compos! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza a semana de traballo para preparar un novo partido na nosa casa🏟️ Entre as sesións, os nosos terán mañá un amigable contra a Selección Real Federación Galega de Fútbol - Futgal en Ordes#composnoia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.