A S.D. Compostela suma un punto no Estadio Reino de León

29 de Febreiro de 2016

 

Foto Cultu

A S.D. Compostela tivo o mel nos beizos para conseguir a súa primeira vitoria a domicilio na tempada co gol de Guillem Martí no minuto 36, pero o equipo leonés derribou o soño dos de Fredi ao marcar o gol do empate na segunda parte que selou un reparto de puntos ao final do encontro.

O equipo santiagués saíu a por todas no Estadio Reino de León e pesar de que o cadro leonés conseguiu dominar os primeiros minutos, os home de Fredi, ben replegados, lograban frear as contras do rival. Pouco pouco o Compostela fíxose coa posesión do balón e empezou a marcar as xogadas e a sacar vantaxe da ansiedade da Cultural, que buscaba a vitoria para manter as opcións de disputar o Play Off.

A Esedé empezou a xerar ocasións de perigo e o gol dos santiagueses chegaba no minuto 36 cando Guillem Martí recuperou un balón tras un saque de córner e logrou marcar o primeiro tanto do partido no medio da zaga leonesa.

O gol de Guillem deixou tocados aos locais e a S.D. Compostela, que se sentía máis cómoda, intentaba sacar maior vantaxe con boas accións coma unha xogada entre Jordan e Camacho, pero o disparo do portugués marchábase fóra por pouco. Tamén de novo Jordan, o mellor do cadro santiagués, tivo nas súas botas o segundo gol antes de que o árbitro pitase o descanso, pero o xuíz de liña sinalaba fóra de xogo.

Tralo paso por vestuarios as cousas cambiaron para a Esedé; o equipo dirixido por Juan Fernando, o adestrador da Cultural, saíu de novo ao terreo de xogo cunha actitude máis ofensiva e con Aketxe creando perigo nas posicións adiantadas. Con todo o Compostela aínda puido xerar oportunidades en busca do segundo gol como o man a man de Guillem con Palatatsí, o porteiro da Cultu, que finalmente logrou parar o disparo do mallorquín.

O porteiro da Cultural volveu actuar pouco despois ao despexar ao larguero un disparo envenenado de João Camacho, que estivo aportando todo o partido pero sen sorte na finalización.

A ansiedade apertaba á Cultural e Juan Fernando apurou cambios no seu once para revitalizar ao equipo dando entrada a Sultán e Gonzalo. Os cambios tiveron efecto, pois o mesmo Gonzalo puxo o gol do empate no minuto 80 cun remate de cabeza.

Durante os dez últimos minutos do encontro a Cultural foi a por todas en busca da remontada na súa feudo. Tamén Fredi apurou os seus últimos cambios dando minutos a Bicho e Javi Moreno para exprimir calquera oportunidade. Foron minutos de tolemia ata que o árbitro indicou o final do partido cun empate a uns no marcador.

A S.D. Compostela enfrontarase o vindeiro domingo ante o Burgos C.F. (17.00h), tralo empate de hoxe, San Lázaro vivirá un encontro coma se dunha final tratásese para seguir manténdose vivos.

Fotografía: María Del Blanco

FICHA TÉCNICA

CULTURAL E DEPORTIVA LEONESA (1): Jorge, Aitor Núñez, Santi Santos, Bardal, Villarejo, Nacho Matador, Marcos Álvarez-(Víctor Díaz, min 63), Iosu-(Sultán, min 72), Aketxe, Cristóbal, Javi Navas-(Gonzalo, min 72)-(1).

S.D. COMPOSTELA (1): Pato, Josu, Jimmy, Marcos Rodríguez, Catú, Sergio Sánchez, Jordan-(Goti, min 74), Manu Rodríguez, Guillem (1), Joaquín-(Bicho, min 83), Camacho-(Javi Moreno, min 89).

GOLES: 0-1 (Min 36), 1-1 (Min 80).

ÁRBITRO: Carlos Álvarez Fernández do Comité Territorial Riojanó sancionou con cartón amarela por parte da S.D. Compostela a: Josu (Min 19) Jordan (Min 39), Catú (Min 61), Joaquín (Min 70).

Por parte da Cultural E Deportiva Leonesa amonestou con cartón amarela a Cristóbal (Min 37).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 27ª xornada de liga no Estadio Reino de León con 1493 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.