Empate sen goles en San Lázaro nun partido de poucas ocasións

7 de Marzo de 2016

compos - burgosss

 

A S.D. Compostela asinou táboas ante o Burgos C.F. nun encontro sen goles e sen demasiadas ocasións. Ambos equipos sumaron un punto que sabe a pouco malia a necesidade de vitoria para os dous conxuntos.


Os homes de Fredi levaron a iniciativa na primeira parte e malia que foi un partido sen demasiadas ocasións, a S.D. Compostela tivo as súas mellores oportunidades con dúas boas accións xeradas polo xogador portugués João Camacho. A primeira delas ao transcorrer o primeiro cuarto de hora, Camacho disparaba raso e con potencia á portería defendida por Toni, pero o balón marchábase pegado ao poste. O xogador de Madeira non desistía na súa intención de abrir o marcador e pouco despois, no minuto 25, volvía poñer en apuros a Toni cun disparo cruzado que despexou o porteiro do Burgos cunha boa estirada.

Malia a insistencia da S.D. Compostela, con falta de acerto para finalizar as xogadas, o Burgos tamén deu o primeiro susto en San Lázaro co disparo de Juan Fran que Pato lograba despexar cos dedos enviando o esférico pegado ao pau por moi pouco.

Fito Miranda tivo a última oportunidade do primeiro tempo cun disparo que atrapaba de novo Pato sen problemas no minuto 37. Con todo, o Compostela aínda era o equipo que máis chegadas xeraba, pero os de Ángel Viadero, que pechaban liñas constantemente, impedían calquera oportunidade dos locais.

Tralo paso por vestuarios, Fredi apurou cambios substituíndo a Javi Moreno por Fondevila coa intención de procurar distancias para que o Burgos se abrise. Tamén saltou ao terreo de xogo Bicho coa intención de provocar unha reacción: “Buscábamos que a segunda metade fose máis aberta”, asegurou Fredi en sala de prensa.

O equipo burgalés volveu ao campo con maior actitude defensiva e apuraba as contras que ameazaban a portería da Esedé, pero Pato, que asinou un bo partido, repelía os balóns do rival, como o disparo de Jose Fran no minuto 60 desde a frontal do área que despexou nunha gran estirada.

Os locais, a pesar do cansazo físico e psicolóxico, tiveron as últimas oportunidades para cambiar o marcador nunha boa acción de Guillem que finalmente desbaratou Toni ou o disparo envenenado de Bicho no minuto 88 que se marchaba desviado por moi pouco.

Os últimos minutos de idas e vidas por parte de ambos equipos non cambiaron o resultado e o árbitro pitaba o final do partido cun reparto de puntos. Para Fredi, o adestrador da S.D. Compostela “o resultado é xusto, o Burgos fixo un bo partido e nós non estivemos ao nivel. Viuse a necesidade do Compostela a nivel psicolóxico”, asegurou en rolda de prensa.

O vindeiro domingo ás 17:00h a S.D. Compostela medirase ante o C.D. Guijuelo no Estadio Municipal de Guijuelo, onde os homes de Fredi veranse na obrigación de pelexar por unha primeira vitoria a domicilio que lles permita manterse vivos.

FICHA TÉCNICA

S.D. COMPOSTELA (0): Pato, Josu, Jimmy, Javi Moreno-(Fondevila, min 46), Portela, Sergio Sánchez, Jordan-(Goti, min 66), Manu Rodríguez, Guillem, Joaquín-(Bicho, min 57), Joãou Camacho.

BURGOS C.F. (0): Toni, Andrés, Julen Cstañeda, Carlos, Odei, Rodri, Jose Fran, Zarandona, Camochu-(Adrián Hernández, min 66), Ander Vitoria-(Pepe Delgado, min 87), Fito-(Sergio Cortés, min 70) Miranda.

GOLES: Empate a ceros.

ÁRBITRO: Rubén Jiménez González do Comité Territorial das Palmas amonestó con tarxeta amarela por parte do Burgos C.F. a: Andrés (Min 54), Rodri (Min 57), Ander Vitoria (Min 58) e Julen Castañeda (Min 79).

Por parte da S.D. Compostela amonestou con tarxeta amarela a: João Camacho (Min 74).

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 28ª xornada de liga disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 768 aistentes.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario a nosa locomotora, Antón Guisande 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧!! 💪 Que veñan acompañados de moitos goles, moita alegría e que o poidamos celebrar cun ascenso📸 @nacho ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos iniciaron hoxe a semana de traballo👉 Toca recuperar folgos e preparar a ida da finalísima do play off💪 Queremos comezar da mellor maneira esta nova rolda, co voso apoio dende a bancada!!!#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌🎟️ NOVA PROMOCIÓN👉 Cada abonado adulto pode retirar unha entrada a maiores a 5€Esta promoción tamén está habilitada ata o venres ás 15:00 horas!!A forza de todos é fundamental para facer do Vero Boquete un fortín!!! 🏟️🩵🤍📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 Xa está aberta a venta de entradas para a ida da final nacional do play off!!!𝐀𝐛𝐨𝐧𝐚𝐝𝐨𝐬 (ata venres ás 15:00h)Xeral - 5€Menores de idade - Gratis (*OBRIGATORIO retirar invitación)𝐍𝐨𝐧 𝐀𝐛𝐨𝐧𝐚𝐝𝐨𝐬Xeral - 15€Menores de idade - 2€👉 As entradas poden retirarse desde xa na Oficina, na Tenda ou Online (leva gastos de xestión)🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 IMPORTANTE: O prezo para abonados é ata o venres 12 ás 15:00h. Pasado o prazo, o seu asento tamén quedará liberado para o público xeral📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, comezamos a fase definitiva do play off na nosa casa🫂 Necesitamos o apoio de todos para acadar o obxectivo🆚 CF Badalona⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 14/06🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ A partir das 15:00h, toda a ℹ️ sobre as entradas#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.