A S.D. Compostela perde pola mínima ante o filial do Celta de Vigo

11 de Abril de 2016

Xoan Carlos Gil web

A S.D. Compostela afrontaba un partido decisivo ante o Celta ‘B’ nun duelo directo na loita pola permanencia. O propio adestrador do Compostela, Fredi Álvarez, aseguraba na previa que sería un partido complicado onde ambos equipos terían que lidiar coa ansiedade.

O conxunto santiagués tomou a iniciativa do partido buscando a portería defendida por Iván Villar, ao que Jimmy puxo en apuros ao pouco de empezar, pero o balón escapábase longo para o remate de Dani Hernández nunha clara ocasión de gol.

Tamén Jordan tivo unha gran oportunidade por medio dun disparo de socato que logrou parar o porteiro do Celta ‘B’. A Esedé non deixaba de intentalo subindo o balón pero faltaba acerto de cara a portería como o remate de cabeza de Portela dun saque de córner que se marchaba alto.

O traballo de Manu Rodríguez e Javi Moreno no medio do campo impideu que o cadro dirixido por Alejandro Menéndez fose capaz de chegar ó área da S.D. Compostela ata o minuto 40 cando Borja Igrexas ameazou a portería de Pato cun disparo con rosca que se marchou preto do longueiro. Foi a oportunidade máis clara dos locais para abrir o marcador antes do descanso.

O partido estaba totalmente aberto e ambos equipos marchábanse ao descanso cun 0-0 no marcador nun partido de pouco fútbol, moita presión e intensidade por ambas partes.

Tralo paso por vestiarios os de Alejandro Menéndez volveron ao céspede con outra disposición, moito máis ofensivos e xerando perigo no área da Esedé como no minuto 58 cando Adrián Cuevas quedábase nun man a man con Pato, que rápido de movementos, adiantouse para despexar o balón.

Con esta intensidade o Celta ‘B’ logrou abrir o marcador no min 62 cando, tras un erro defensivo do Compostela, Luís Rioja, que se atopaba completamente só, recuperou un balón colgado e logrou bater a Pato.

O gol outorgoulle confianza ao Celta que apertaba en ataque en busca dun resultado cómodo e a punto estivo de marcar o segundo Borja no minuto 79 tras unha boa xogada con Adrián Cuevas que finalmente logrou salvar a zaga da Esedé.

O tempo apremaba e o gol do Celta fixo moito dano aos de Fredi que apenas foron capaces de chegar a portería na segunda parte. A última oportunidade para lograr o empate tívoa Guillem Martí cun disparo directo que repeliu a defensa local.

Non quedaba tempo para máis e o árbitro sinalaba o final do encontro que outorgou unha vitoria pola mínima ao filial do Celta e deixa á S.D. Compostela nunha situación delicada. Aínda que matemáticamente o conxunto santiagués aínda ten opcións para a salvación, as cousas póñense moi complicadas para os de Fredi, que se ven obrigados a gañar os próximos partidos.

O próximo rival será o líder, o Rácing de Ferrol, que recibirá na Malata á Esedé o vindeiro sábado, 16 de abril, ás 18:15h.

FOTOGRAFÍA: Xoán Carlos Gil. Cedida pola Voz de Galicia.

FICHA TÉCNICA

R.C. CELTA ‘B’ (1): Iván Villar, Kevin, Samuel, Rise, Jonathan de Amo, Jordan-(Borja Fernández, min 56), Xullo Delgado-(Lucas Olaza, min. 88), Adrián Cuevas-(Guille, min. 84), Borja Igrexas, Gus, Luís Rioja.

S.D. COMPOSTELA (0): Pato, Josu, Jimmy, Javi Moreno, Catú, Portela-(Goti, min 75), Dani Hernández-(Fondevila, min. 66), Manu Rodríguez, Guillem, Bicho, Jordan-(Chiño, min 66).

GOLES: 1-0 (min. 62)

ÁRBITRO: Raul chavert García do Comité Territorial Andaluz amonestou con tarxeta amarela por parte da S.D. Compostela a: Javi Moreno (min 23), Fredi (min 31), Portela (min. 51), Pato (min.69), Chiño (min 64), Manu Rodríguez (min 94).

Por parte do Real Club Celta de Vigo ‘B’ amonestou con tarxeta amarela a Jonathan do Amo (min 71).

INCIDENCIAS: Partido de liga correspondente á 33ª xornada de de Segunda División ‘B’, disputado no campo de Barreiro.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
💙 Queremos felicitar ao noso 🧙‍♂️ de Monterroso, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬, que esta semana foi pai dunha nena!!! 👶🫶 Parabéns, familia!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.