Raúl Marqueta deixa o Compos despois de chegar a un acordo para a rescisión do seu contrato

6 de Xullo de 2016

Raul Marqueta

Santiago de Compostela, a 6 de Xullo de 2016.

O porteiro zaragozano de 21 anos Raúl Marqueta Ribagorda (05/08/1994) rescindiu, na tarde de onte, o contrato que o vinculaba coa SD Compostela ata a tempada vindeira, despois de que ambas as partes chegasen a un acordo.

O cancerbeiro, que o curso pasado renovara por dúas tempadas, despídese do Compos tras dous cursos moi desiguais. Na súa primeira campaña, e a do seu debut en Segunda División B, Marqueta disputou 17 encontros co cadro branquiazul, repartíndose a titularidade con Ramón. Con todo, no curso pasado o seu protagonismo decaeu, quedando relegado á suplencia, en favor do seu compañeiro, e recentemente fichado polo Boiro, Pato Guillén. Nesta segunda tempada tan só xogou seis partidos, catro en Liga e dúas en Cópaa Federación.

Con anterioridade, Raúl Marqueta xogara nas categorías inferiores do Valencia, do Real Murcia e no filial do Huesca, de onde chegou en 2014 ao Compos.

O club quere agradecer a Raúl Marqueta o seu labor e compromiso durante estas dúas tempadas connosco, ademais de desexarlle moita sorte para o seu futuro futbolístico.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.