Boiro, Somozas e Coruxo primeiros rivais de pretemporada confirmados

7 de Xullo de 2016

A SD Compostela xa coñece aos seus primeiros rivais nos partidos de preparación para a nova tempada. Boiro, Coruxo e Somozas son os equipos confirmados para os amigables estivais.

O primeiro en enfrontarse a este novo Compos será o Boiro, recentemente ascendido a Segunda División B, e que conta nas súas filas con vellos coñecidos da afección compostelá como Jimmy, Catú, Pato Guillén, Manu Rodríguez ou o seu técnico, Fredi.

O enfrontamento estará enmarcado dentro do III Trofeo Concello de Boqueixón e terá lugar o domingo 24 de xullo ás 19:30 no campo de Camporrapado.

Pola súa banda, os encontros contra o Somozas e o Coruxo, tamén de Segunda División B, produciranse no Triangular de Praíña Sp. C, que se celebrará o sábado 30 de xullo no Campo de Reis, en Pontevea, onde disputa os seus partidos o equipo local, o Praíña Sporting Club. Ambos encontros serán dirixidos por árbitro e xuíces de liña de Terceira división.

O Coruxo será o rival a bater, xa que é o último campión do torneo celebrado en Pontevea, despois de que se impuxese o ano pasado a Ordes e Estradense.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.