Santi Taboada regresa ao Compos

14 de Xullo de 2016

taboada

Santiago de Compostela, a 14 de Xullo de 2016.

A SD pechou esta mañá a contratación da súa décimo sétimo xogador do novo plantel, Santiago Taboada Moreno, un ex compostelanista que chega procedente do Fabril, no que xogou as últimas dúas campañas.

Santi Taboada (22/01/1993) é un mediocentro defensivo de 23 anos, que tamén pode actuar no posto de central. Nacido en Vitoria (Álava), desde ben pequeno foi vivir a Valladolid, conxunto no que militou nas súas categorías inferiores ata chegar a cadetes, momento no que o Real Madrid chamou á súa porta.

Co conxunto madrileño foi superando todas as divisións ata chegar ao Real Madrid C, de Terceira División, equipo no que compartiu vestiario con xogadores como Josep Señé, actual xogador do Celta; Rubén Sobrino, do Manchester City; ou Derek, do Bolton Wanderers.

Logo dun ano no C, Santi fichou polo filial do Alavés, club co que estivo outro ano, para fichar polo Compos no verán de 2013. Na SD, en Segunda División B, ás ordes de Fredi, Santi disputou 21 partidos, 16 deles de titular.

Unha tempada que o levou ao Deportivo B, conxunto co que disputou as últimas dúas campañas. Co Fabril, en dous anos, Santi Taboada xogou un total de 54 partidos, 40 deles partindo do once inicial, sendo partícipe en dous cursos nos que o filial deportivista xogou a fase de ascenso a Segunda División B.

Estas cifras tráeno de volta ao novo proxecto da SD, sendo o décimo sétimo xogador que se poñerá ás ordes de Yago Iglesias o luns da semana que vén. Un técnico, que xunto á comisión deportiva, apuran as horas para pechar o persoal canto antes.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, @damian_noya!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso 🫁, Diego Uzal 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de adestramentos🏟️ Preparación para o regreso a nosa casa, trala suspensión da xornada pasada#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.