Severo correctivo para comezar a Liga

22 de Agosto de 2016
Imagen: Amadeo Rey
Imagen: Amadeo Rey
  • Yago Iglesias: “Se o Deportivo B é capaz de manter este nivel vai ser difícil que perdan partidos”

Santiago de Compostela, a 22 de Agosto de 2016.

Ninguén dixo que a Terceira División fose ser fácil e boa proba diso foi o vivido onte en Abegondo, onde a SD perdeu por 5 goles a 1.

O cadro compostelán recibiu unha ampla goleada na súa visita a un dos galos da categoría, o Deportivo B. O filial deportivista valeuse da súa superioridade física e mental para superar a un Compos inoperante na segunda metade.

“A primeira parte estivemos ben, mesmo disputando a posesión de balón, pero por momentos o Deportivo era moi superior a nós. Queríamos facer o noso xogo, pero non eramos capaces. E na segunda, coa baixa de Cardeñosa vímonos moi restrinxidos, sobre todo atrás”, comenta o adestrador Yago Iglesias.

Nesa segunda metade sobresaíu por riba de todos a figura de Óscar Pinchi, autor de cinco goles, catro deles no segundo tempo. “Tivo de todo. Por exemplo, o primeiro gol so a ten que empurrar, pero o segundo en cambio rompe desde as costas da defensa. O rapaz ten un rexistro futbolístico moi alto e vese que é doutra categoría” argumenta Yago.

Con todo, para que chegasen eses cinco goles, foi importante a labor de todo o equipo filial. “Teñen unha calidade individual altísima e despois tamén contan cun nivel físico que non é normal a estas alturas da temporada. Sabíamos que era un claro candidato a estar en playoff e incluso levarse a Liga, pero o nivel mostrado onte foi moi grande”, di o técnico ribeirense.

Unha boa imaxe que segundo Yago poden seguir mostrando ao largo do campionato. “Nos xa os viramos en pretempada e o equipo está moi rodado, por encima de calquera equipo de Terceira División a estas alturas. Se son capaces de manter este nivel vai ser difícil que perdan partidos”.

Con todo, aínda que o camiño non vai ser fácil, tampouco hai que renderse co primeiro contratempo. A tempada é longa e aínda restan 37 xornadas por diante, hai tempo para remontar.

O sábado visita San Lázaro o Ribadumia, o debut na casa dunha SD que agardará a evolución dos seus xogadores tocados, entre eles o autor do gol santiagués onte, Mitogo. “As dúas lesións que tivemos, a de Cardeñosa e a de Mitogo, foron por lances do partido, por choques, veremos como veñen hoxe. Cardeñosa vai estar complicado que estea para sábado, pero Mitogo esperemos que si. Foi máis un susto que outra cousa”, explica Yago. Pola súa banda, o adestrador da SD tamén agarda a volta de Santi Taboada, ausente ante o Dépor B por precaución: “Con Santi decidimos non forzar, para non complicar o que resta de tempada. Mellor perder un partido que cinco ou seis”.

Con todo, antes do Ribadumia, a parroquia branquiazul poderá ver ao seu equipo mañá en San Lázaro contra o Deportivo, coa disputa do I Memorial Antonio Bermúdez. Un encontro que pode servir para lavar a mala imaxe mostrada en Abegondo, aínda que “imos ter que sacalo adiante máis pensando no Ribadumia que no Deportivo, polo que veremos moito xogador xuvenil”, finaliza Yago Iglesias.

FICHA TÉCNICA:

5- Deportivo B: Anxo; Quique Fornos, Nacho Monsalve, Arnau, Lucas; Queijeiro, Edu Expósito (Bamba, min 61); Hugo Rama (Álvaro Naveira, min 88), Jorge Carreón (Borja Domingo, min 82), Borja Galán; e Óscar Pinchi.

1- SD Compostela: Lucas; Saro, David Rey, Cardeñosa (Mon, min 46), Juan Cabrejo; Samu; Juanín, Alberto Freire, Tomás Abelleira (Diego Rey, min 63), Mitogo (Julián, min 63); e David Nogueira.

Goles: 1-0, min 37: Pinchi; 1-1, min 45: Mitogo; 2-1, min 48: Pinchi; 3-1, min 57: Pinchi; 4-1, min 77: Pinchi; 5-1, min 82: Pinchi.

Árbitro: Rubén Extremadura Hernández (colegio de Vigo). Amoestou aos locais Arnau, Óscar Pinchi, Hugo Rama y Álvaro Queijeiro; e ao visitante Saro.

Incidencias: choque pertencente a primeira xornada de Liga de Terceira División celebrado na cidade deportiva de Abegondo ante 1.200 espectadores. Nutrida presenza de afeccionados da SD nas gradas.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.