Mesmo resultado, pero distintas sensacións

24 de Agosto de 2016
Imaxe: Amadeo Rey.
Imaxe: Amadeo Rey.
  • Compos e Deportivo renderon homenaxe a Antonio Bermúdez nun partido que contou con dúas partes moi diferenciadas.

Santiago de Compostela, a 24 de Agosto de 2016.

Foi por ti Antonio. Deportivo e Compostela xogaron onte para honrarche, para lembrar aqueles vellos tempos nos que as túas estatísticas e a túa vos convertiades en referentes para o xornalismo santiagués.

Fixérono nun encontro no que por 45 minutos as diferenzas de categoría pareceron non notarse. O teu Compos saíu a por todas, sen medo a nada, sen importarlle que enfronte tivese a un equipo de Primeira División, nin que perdesen o domingo contra o seu filial por cinco goles a un.

Foi sen complexos e atopou o gol, no minuto 10. Un centro perfectamente medido de Cabrejo, polo que parecen non pasar os anos, foi rematado por Rubén Martínez, que realizaba o seu debut na tempada, cun soberbio testarazo ante o que nada puido facer o meta deportivista Tyton.

Con todo, se o Deportivo está en Primeira División é por algo, e co paso dos minutos fixo valer o seu poderío. Primeiro avisou Andone, rematando un falta botada por Emre Çolak ao traveseiro. E á segunda, no 40, empatou o encontro. Foi Borges, quen aproveitou un balón morto na área tras un centro raso de Laure. Un gol que puxo fin a 45 minutos, nos que o Compos se lavou a imaxe mostrada en Abegondo e cargou de optimismo á afección.

Tras o paso polos vestiarios, o conto cambiou. Ambos os técnicos cambiaron os seus onces. Yago mesturou a xogadores do primeiro equipo con xuvenís e Gaizka Garitano introduciu á súa nova incorporación Marlos Moreno, acompañado por nove canteiráns e o porteiro Rubén Martínez.

Con estas variacións, rapidamente se notou a superioridade branquiazul. No 46, Marlos asistía a Borja Domingo que anotaba o segundo. Catro máis tarde, Pinchi era o que asistía a Hugo Díaz para que fixese o terceiro.

No 58 repetía Borja e no 70 pechaba a súa conta goleadora cun hat trick, que deixaba o mesmo resultado final que o domingo pasado.

Concluíu así o partido do teu Memorial, séndolles entregados un trofeo e unha placa a cada equipo como agradecemento pola homenaxe. Esperamos que che gustase esta dedicatoria, o ano que vén, por estas datas, volveremos repetilo. Merécelo.

FICHA TÉCNICA

1- SD COMPOSTELA: Manu Cedrón; Saro, Cabrejo, David Rey, Ander, Samu, Diego Rey, Make, Mitogo, Ube e Rubén Martínez. Tamén xogaron: Jose, Bellido, Rubén Ferreiro, Alberto, Juanín, Tomás, Mon, Julián, Nogueira, Martín, Lexis, Jesús Becerra e Víctor.

5- RC DEPORTIVO DE LA CORUÑA: Tyton; Laure, Arribas, Albentosa, Luisinho, Borges, Álex Bergantiños, Carles Gil, Borja Valle, Çolak e Andone. Tamén xogaron: Rubén Martínez, Nacho Monsalve, Hugo Díaz, Víctor, Ángel, Naveira, Bamba, Pol Calvet, Óscar, Borja Domingo e Marlos Moreno.

Goles: 1-0, min. 10: Rubén Martínez. 1-1, min.33: Borges. 1-2, min.46: Borja Domingo. 1-3, min. 50: Hugo Díaz. 1-4, min.58: Borja Domingo. 1-5, min.70: Borja Domingo.

Árbitro: Martínez Santos (Santiago). Mostrou cartón marelo ao local Julián.

Incidencias: I Memorial Antonio Bermúdez disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 700 espectadores. O Compos vestiu a súa nova indumentaria para esta tempada.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.