O debut en San Lázaro

26 de Agosto de 2016

DSC_0009

  • Yago Iglesias: “En dúas/tres semanas veremos ao mellor Compos”
  • A SD Compostela enfrontarase a un Ribadumia que pretende ser un dos equipos que pelexen polo playoff.

Santiago de Compostela, ao 26 de agosto de 2016.

Volve o fútbol a San Lázaro. O Estadio santiagués volverá gozar do Compos na nova tempada. Ben é certo que xa se xogaron dous partidos en pretemporada, pero este é un encontro de Liga, o campionato onde se esperan mellores resultados.

Cúmprense xa tres meses e medio do último choque en San Lázaro. Aquel Compostela catro Astorga 1, que significou o adeus da SD á categoría de bronce do fútbol español. Daquel equipo só queda Mon, precisamente autor dun dos goles locais ese día.

111 días máis tarde, os obxectivos e a ambición son outras. Cun equipo totalmente novo e rexuvenecido, con Yago Iglesias como director, o Compos busca asentar as bases dun conxunto de futuro que poida render ao máximo nivel en Terceira División e que teña a posibilidade de regresar a Segunda B máis pronto que tarde, pero sempre cos pés na terra.

O camiño non será fácil, como así o puidemos comprobar coa dura derrota en Abegondo, por cinco goles a un. Con todo, aínda restan 37 xornadas para endereitar o rumbo.

Buscando un borrón e conta nova, o Compos enfrontarase en San Lázaro, mañá ás 19:30, a un Ribadumia con varias fichaxes de nivel, que o converten nun equipo prometedor que loitará por entrar entre os catro primeiros postos.

“Un dos equipos que pola proposta de xogo máis chama a atención. Fixo cinco/seis fichaxes moi bos para a categoría. Un equipo experto, moi competitivo, dos que por teoría deberían estar arriba”, comenta o adestrador Yago Iglesias.

O técnico analiza así aos novos fichaxes do Ribadumia: “Teñen a Changui, que foi o máximo goleador o ano pasado. A Rafita, que ven do Alondras, Camiño e Fandiño que veñen do Arosa e son na súa posición do nivel máis alto da categoría”. Precisamente, unha das súas incorporacións, Adrián Camiño, foi o autor do único gol que lles serviu para gañar ao Dubra a semana pasada.

En canto á proposta de xogo máis propicia para o encontro, Yago teno claro“A mellor maneira de defender é ter o balón e atacar nos. Un equipo que manexa ben o balón e teno máis que o rival, ten máis posibilidades de gañar. Outra cousa é como xestionalo e como reaccionar cando non o tes”.

Con todo, Yago pide paciencia co equipo xa que o mellor nivel está por chegar. “Entre semana tivemos un partido contra o Depor, por iso xogamos a segunda parte con xuvenís, pensando no Ribadumia. O equipo non vai chegar ao 100%, porque evidentemente é pronto, pero van a chegar frescos. Hai que ter paciencia porque o mellor Compos vaise a ver dentro de dúas/tres semanas”.

Por último, Yago reclama o apoio da afección, xa que será importante para eles. “Oxalá teñamos un San Lázaro en canto a entrada como este martes e animando como o fixeron, ou como o día do Somozas, que foi unha boa entrada pese a que o horario non axudaba, ou como o outro día en Abegondo, que a xente fíxose sentir e animando, que para nós é fundamental”.

Esta debe ser a tónica a seguir, xa que segundo o técnico lle axudará moito para acadar bos resultados. “Ao largo do ano, contra os equipos que veñan, xa non so o campo, senón tamén a afección teñen que axudar moito”.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.