San Lázaro disfruta da primeira vitoria da tempada

29 de Agosto de 2016

DSC_0031 (1)

Santiago de Compostela, a 27 de Agosto de 2016.

Chegaba o Compos a San Lázaro con ganas de quitarse canto antes a goleada de Abegondo e remontar o voo e así o fixo, gañando por 3 goles a 1 ao Ribadumia.

Non foi fácil a tarefa, pero a situación si que se puxo de fronte rapidamente. A pouco de comezar o partido, Santi Gegunde adiantaba á SD cun gran disparo raso á cepa do poste, ante o que nada puido facer o meta Manu Táboas.

Foi o mellor que lle puido pasar ao Compos, marcar un gol rápido e verse por diante no marcador. Axudou a coller moral e a quitarse a posible presión, que puidesen ter, de encima. A diana foi a nota positiva dentro dunha primeira media hora de tenteo, no que destacaron as defensas sobre os ataques. A partir de aí e ata o descanso, o partido colleu outro aire.

O Ribadumia perdoou, ou máis ben Lucas salvou ao Compos. Primeiro aguantou perfectamente un intento de vaselina de Changui e despois atrapou, cunha gran estirada, un disparo raso de Fandiño pegado ao poste.

Os visitantes non aproveitaron as súas e a SD fíxollo pagar. Avisou cunha gran combinación entre Saro e Diego Rey, que acabou cun remate en semierro de Santi Gegunde; e á segunda, no 42, materializou.

De novo por banda dereita, entrou Samu ata liña de fondo e o seu pase da morte empuxouno á rede Santi Gegunde. Segundo tanto para a casaca do dianteiro, que comeza con bo pé a tempada.

A vantaxe de dous goles, que chegou nun minuto psicolóxico, deu maior acougo ao Compos e fíxolles irse ao descanso coa tranquilidade do traballo ben feito.

E á saída dos vesturarios, a sentenza. De novo no minuto 6, aínda que neste caso da segunda metade, poñía o terceiro no marcador. O gol chegou despois dunha longa posesión na que o balón circulou de banda a banda, terminando a xogada cunha magnífica asistencia de exterior de Cabrejo, para a entrada en ruptura de Diego Rey, que cruzou o balón no man a man con Manu Táboas.

Co terceiro chegaron os mellores minutos do equipo, uns instantes que destacou Yago Iglesias en rolda de prensa. Neses minutos chegaron varias ocasións que puideron traer o cuarto gol. As máis claras, dous fallos de Santi Gegunde, tras asistencias de Mitogo e Saro. Nunha mandouna ao lateral da rede e na outra enviou o balón rozando o poste, cando o porteiro xa estaba batido.

Os minutos de claro dominio desapareceron cos cambios. O partido perdeu ritmo e nesa tesitura o Ribadumia recortou distancias. Foi David Rodríguez, que entrara na segunda parte, o autor do gol da honra no 88.

3 a 1 e final. Gran resultado, tres puntos e xa chove menos en San Lázaro. Hoxe tocou gozar, esperemos cheguen máis tardes como esta ao longo da tempada e para a semana, contra o Céltiga, a manter esta boa liña mostrada.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 minutes ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.