O Compos presenta a “tres puntas de lanza” no Grupo Cenor

30 de Agosto de 2016
De esquerda a dereita: Javier González, director xerente de Grupo Cenor, Martín, Nogueira, Mitogo e Yago Iglesias.
De esquerda a dereita: Javier González, director xerente de Grupo Cenor, Martín, Nogueira, Mitogo e Yago Iglesias.
  • Mitogo, Martín e David Nogueira contaron coa súa presentación oficial na sede da empresa compostelá, que renova co club por cuarta tempada consecutiva.

Santiago de Compostela, a 30 de Agosto de 2016.

Tempo de presentacións. A pesar de que a tempada xa está comezada, a SD Compostela comezou esta semana a presentar de forma oficial, para afeccionados e medios de comunicación, ás súas fichaxes para a nova tempada.

Para este primeiro acto, a SD emprazou aos seus xogadores ao Milladoiro, máis concretamente á sede de Grupo Cenor, un dos patrocinadores principais do club, e que manteñen a súa relación co Compos un ano máis. Alí foron presentados tres xogadores da fronte de ataque, David García “Mitogo”, Martín González e David Nogueira, “tres puntas de lanza” comparables á posición predominante de Cenor na entidade compostelá, como dixo o adestrador Yago Iglesias, presentador do acto.

Desta forma, o técnico de Riveira quixo agradecer que Cenor se sumase ao barco deste novo proxecto, xa que neste momento “é importante contar co apoio da xente e as empresas”.

Pola súa banda, Javier González, director xerente de Grupo Cenor, ademais de considerar como “unha enorme satisfacción” seguir colaborando por cuarto ano consecutivo coa SD Compostela, tamén quixo facer fincapé na necesidade de apoiar á SD neste momento, e tamén en dar vida á parcela deportiva da cidade.

“Está ben apoiar nos instantes bos, pero nos momentos nos que se pasan maiores dificultades é cando se fai máis importante dar un paso adiante e aí ídesnos a atopar sempre”, comentou o mandatario. Igualmente, “Santiago merécese que nos envorquemos cos nosos equipos, a cidade ten máis capacidade para envorcarse cos equipos” e é que segundo Javier González “unha cidade que ten deportistas e deportes é unha cidade desenvolvida”.

Por outra banda, a presentación dos xogadores serviu para que estes fixesen un balance do que están a ser estas primeiras semanas na SD e o comezo da tempada.

Mitogo: “Espero superar a cifra de dez goles”

O dianteiro guineano, que chegou procedente do CD Barco, confirmou a dificultade da categoría, aínda que lle gusta a calidade do equipo. “O grupo é moi igualado e vai estar complicado estar arriba, pero é polo que imos loitar, porque eu atopeime a un equipo con calidade e coas ideas claras”.

O ariete sabe que as complicacións da categoría hai que engadir a conxunción dun equipo totalmente novo, aínda que cre que a situación vai polo bo camiño. “Cando o equipo é novo, hai que pasar un período de adaptación e estamos dentro del. Estamos a coñecernos mellor, cada día saen mellor as cousas”.

En adición, Mitogo quixo destacar a importancia do conxunto compostelán. “Esperábame moito do Compos, porque é un club con nome e faláronme moi ben del. Polas instalacións, a cidade e o club grande que é, deberían estar nunha categoría superior”.

Por último, aínda que “está mellor non dicir nada por se pasa factura”, Mitogo púxose unha meta para a tempada a nivel persoal: “Espero superar os dez goles”.

Martín: “Queremos crear un equipo serio e despois o ascenso, porque non?”

O extremo santiagués, que vén do Cerceda, xa sabe o que é vestir a camiseta branquiazul, coa que xogou dúas tempadas, en Preferente e Terceira División, polo que puido comparar ambas estancias. “Este é un proxecto distinto, pero a familia é a mesma, móvenos o mesmo sentimento e as ganas de gañar. O obxectivo non é o mesmo, a priori, pero as ganas que poñamos poden converterse en ascenso ou fase de ascenso ou o que sexa”.

Con todo, fixa moi claramente as metas do club. “Este é un proxecto de base. Sentamos un proxecto co obxectivo de canto antes ascender, que porque non este ano, pero non é o noso principal obxectivo. Primeiro queremos crear un proxecto serio e despois, porque non?”.

Para un experto na categoría como el, aínda que “a estas alturas é moi difícil facer cábalas”, por nomes “o Cerceda, Arousa, Alondras, Rápido de Bouzas ou mesmo o Choco, aínda que se viu debilitado un pouco, e porque non o Compostela, deberían ser os candidatos ao ascenso”.

En canto ao seu estado físico, que leva arrastrando desde comezo de pretemporada e que lle impediu xogar nestes dous partidos de Liga, Martín comentou que “sigo con problemiñas e estou a tentar solucionalo. Estamos a traballar forte co corpo médico do club e parece que a cousa vai para adiante”.

Nogueira: “Xogar no club co que gocei de seguidor é algo moi bonito”

Do mesmo xeito que Martín, David Nogueira regresa ao Compos, equipo no que só estivo no ano do ascenso a Segunda B. “Cando me fun, perdinlle un pouco as ganas ao fútbol, pensei que acababa todo alí. Pero por situacións parece que este deporte sempre che dá segundas oportunidades e oxalá sexa un ano como o último que estiven aquí”.

Sabe da dificultade da tarefa, aínda que asegura que vai achegar todo o que estea na súa man. “Cheguei como última fichaxe, polo que sabía o que me ía a atopar. Eu vou traballar duro e estar aí para que cando o míster e o corpo técnico decidan que podo achegar algo ao equipo, poida axudar”.

En palabras de Nogueira, “cando me dixeron de facer as probas, se non confiase en que me puidese quedar neste equipo non empezaba a adestrar. Simplemente tenteino, gusteille ao corpo técnico e eu encantado, que o que quería era quedarme e agora a achegar o que se poida”, comenta. Ás veces, “non fai falta un xogador concreto, senón un xogador distinto e creo que podo selo eu”.

O dianteiro regresa así ao club que viu desde pequeno e co que tanto gozou: “Acórdome de ir ver ao Compostela cando estaba en Primeira, e agora verme xogando aí de novo é algo moi bonito”.

Yago Iglesias: “Somos un equipo que cando temos o balón o rival vai sufrir”

Por último, o técnico da SD pechou o acto cunhas palabras sobre o que está a ver do seu conxunto. O adestrador está tranquilo e ve que a súa forma de entender o xogo avanza aos poucos.

“O que me preocupa é que o equipo vaia rodándose canto antes e que eses momentos nos que temos balón se vaian repetindo máis tempo. O que este fin de semana viuse de forma intermitente, que se faga máis consistente. Somos un equipo que cando temos o balón o rival vai sufrir, e esta é a mellor forma que temos de defender. Evidentemente se nos atopamos con outro equipo que manexa moi ben o balón, como o Deportivo, aí sufrimos, pero a nosa idea é traballar tanto ofensiva como defensivamente con balón”, dixo Yago.

En canto ao partido contra o Ribadumia, “a sensación que sacamos ao ir ó descanso é que o mellor fora o resultado. Non fomos ese equipo que era capaz de combinar e facer as accións de forma continua no tempo”. Aínda así, “co paso das semanas perfeccionaremos iso”.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🎅⚽ PARTICIPA ⚽🎅🏃‍♂️🎉 ¡Carreira de Papá Noel no descanso do partido contra o @realavila_oficial ! ✍️ Para participar, comenta etiquetando ao amigo/a co que che gustaría compartir carreira 🏟 ¡1 volta ao Vero Boquete! 8️⃣ participantes👕 O gañador levará a Camiseta Oficial do Compos🥳🎽 Inclúe o traxe de Papá Noel e o regalo dunha Bufanda do Compos🎟️ Inclúe entrada para o partido📢 Como participar?✅ Sigue a @ascancelas e @carrerapapanoelsantiago✅ Menciona a 1 amigo/a nos comentarios 👫🗓️ Dispoñible ata o venres ás 21:00 horas#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎁🎟️ RECORDA 👉 cada Abonado (+16 anos) pode retirar unha INVITACIÓN para o partido deste domingo📲 Só dispoñible ONLINE✍️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 APOIA aos nosos na despedida do ano na nosa casa! 🩵🤍📸 Jesús Figueroa / Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Recorda que temos en marcha a Campaña de Abonos de Media Tempada⚽️ E que inclúe o partidazo deste domingo no Vero Boquete contra o Real Ávila CF 💻 Abónate e apoia aos nosos!👉 sdcompostela.compralaentrada.com #quérotecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎯 A recuperar a senda da vitoria! 💪 Queremos o triunfo na nosa casa! 🩵🤍x16 🆚 Real Ávila CF 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 15/12🕠 17.30 horas🎅 Patrocinado por Centro Comercial As Cancelas 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🎁🎄 RECORDA, cada Abonado +16 anos pode retirar ONLINE unha invitación de balde para a súa mesma zona🚨⏰ OLLO! O partido moveuse ás 17.30h#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Regreso aos adestramentos esta tarde co obxectivo de recuperar a boa senda de resultados⚽️ Cinco sesións para preparar o partidazo na nosa casa contra o Real Ávila CF #composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.