O Cadete salva unha mala fin de semana

13 de Setembro de 2016

resultados_base

  • Os xuvenís e o infantil caen derrotados nos seus respectivos partidos ligueiros

Santiago de Compostela, a 13 de Setembro de 2016.

Mala xornada para as categorías inferiores da SD Compostela. Dos catro equipos que xogaron partidos, só o cadete de primeira autonómica conseguiu sacar o seu encontro adiante.

O Xuvenil A, que se estreaba en Liga Nacional contra o Coruxo en As Cancelas, caeu derrotado por dous goles a cinco. O hat-trick de Lucas Lestón pesou demasiado no conxunto santiagués, que foi sempre a remolque no marcador. Mal comezo para os de Vecho que se colocan penúltimos na táboa.

Pola súa banda, o Xuvenil de Primeira Autonómica, tamén perdeu na súa visita ao Sálvora FC. Tres goles en dez minutos impediron que os mozos de Ángel Domínguez sumasen o seu primeiro punto do campionato.

Mal resultado para os santiagueses, a pesar de que se puxeron por diante no marcador ben cedo. No minuto 4, Adrián López adiantaba aos branquiazuis, pero co gol chegou a relaxación e no minuto 14 xa ían perdendo por tres goles a un. No último minuto, Iago Antelo marcaba o segundo do Compos para deixar o resultado final de Sálvora 3-2 SD.

Dentro das notas negativas, o Cadete foi a excepción. Por segunda xornada consecutiva, o conxunto dirixido por Guillermo Gil conseguiu os tres puntos, colocándose no terceiro posto da clasificación.

Este domingo foi o Conxo B o que caeu derrotado ante os branquiazuis. Con goles de Mario Calo, Rodrigo Guada e Ignacio Pereiro, a SD venceu o seu partido e inhabilitou o tanto visitante, obra de Óscar Balsa.

Por último, o Infantil tamén perdeu o seu partido de Liga ante o Valiño Cabo dá Cruz, por cero goles a dous. Despois de gañar na primeira xornada, o equipo santiagués perdeu ante un dos catro equipos invictos na competición.

Os tantos de Anxo Ramos e Martín González deixaron o resultado final de 0-2, que sitúa aos de Cabo dá Cruz cuartos, mentres que a SD queda en undécima posición.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

54 minutes ago

SD Compostela
SD Compostela's cover photo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Un domingo para recuperar a senda da vitoria en Vitoria 💪🩵🤍𝐗𝟏𝟐🆚 Deportivo Alavés B 🗓️ Domingo, 22/11🕛 12:00 horas🏟️ Jose Luis Compañón - Ibaia 3🎟️ 10€ #minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos 💪Recuperación e o foco xa na visita ao País Vasco deste domingo#minigloriascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso encargado do material, Edgar Piñeiro Mendez-benegassiMoitos parabéns, Edgar!! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composourenseO técnico do Compos analizou a derrota no derbi, nun encontro no que os nosos, como valorou o adestrador, non estiveron finos no último terzo do campo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.