Os dous infantís salvan unha mal fin de semana de resultados

4 de Outubro de 2016

– As vitorias dos infantís, ante o Lalín e o Amio, foron as únicas notas positivas da xornada.

Santiago de Compostela, ao 4 de setembro de 2016.

Mala xornada para as categorías da base da SD Compostela. Só as goleadas dos dous equipos infantís, impediron unha fin de semana aciaga en canto a resultados, onde fóra das dúas vitorias e o empate do xuvenil de Liga Nacional, o resto foron derrotas.

Precisamente, os xuvenís seguen sen coñecer a vitoria no que vai de campionato. Os pupilos de Vecho sumaron un punto nun campo complicado como é o do Ourense CF, pero seguen sen lograr esa vitoria que lle faga subir na clasificación.

Os goles de Jorge Rama, no minuto 11, e de Alberto Cores, no 37, non foron suficientes para conseguir os tres puntos no Municipal de Oira, co que a SD queda establecida no posto 15, con tres puntos, nunha clasificación que lidera o Pontevedra. Para a semana, visitará o campo das Cancelas o Arousa.

En canto ao xuvenil B, perdeu por un gol a catro ante o Vitoria FC, e iso que se puxeron por diante no marcador no minuto 9 co gol de Daniel Seijas. Con todo, os visitantes remontaron e levaron un triunfo que deixa ao Compos na última posición da táboa.

Os cadetes sufriron unha inesperada derrota ante as Escolas Deportivas do Arzúa por tres goles a un, un tropezón que lles fai descender ao oitavo posto da clasificación.

Pola súa banda, os infantís, tal como dixemos anteriormente, si que triunfaron, e de que forma! O A gañou de forma avultada ao EF Lalín, por cero goles a nove, no campo Anexo Manuel Anxo Cortizo.

Catro goles de Anxo Ferro, e un de Iago Fernández, Martín Díaz, Carlos Permuy, Samuel Gutiérrez e Mauro Iglesias selaron a goleada que sitúa ao equipo en quinta posición.

O B gañou na casa, 5-1 ante o Amio. Un gol de Xaime Paz e Carlos Permuy e un hat trick de Alejandro Dopazo fixeron vibrar aos afeccionados das Cancelas, que ven como o seu equipo ascende ao cuarto posto.

Por contra, os alevíns non tiveron tanto éxito no seu debut ligueiro. O A perdeu por dous goles a cero contra o CD Conxo, un resultado que rapidamente quere esquecer cun triunfo este mércores ás 19:00 no Campo das Cancelas contra o Vitoria FC.

O B tamén perdeu contra o AD Manuel Peleteiro, pero por un gol a tres. O tanto branquiazul anotouno Etien Pignol.

Por último, o benjamín caeu derrotado por dous goles a tres ante o Milladoiro. Tras unha vitoria no primeiro partido por dous goles a un, neste encontro, os dous goles de Alejandro Prado e Mauro Crespo non foron suficientes para lograr os tres puntos. Co resultado, o conxunto cae ao sétimo posto dunha clasificación que lidera a ED Xuventude Oroso.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso capitán, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨Moitos parabéns, Crespo!!A celebralo mañá cunha vitoria e que veña acompañado de moitos éxitos 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Este sábado, de volta na nosa casa!💪🏟️ Preparados para darvos unha alegríaTodos xuntos! 🫂📸 Nacho Castaño#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 7🩵🤍 O adestrador compostelanista valorou o ánimo do equipo trala vitoria, comentou os xogadores que recupera e apuntou os aspectos fundamentais para darlle unha alegría á afección este sábado#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 8🆚 UD Llanera 🗓️ Sábado, 24/10🕔 17:00 horas🏟️ Pepe Quimarán#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Regresamos á nosa casa este sábado e queremos a vitoria 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Mercado de Abastos de Santiago🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na web#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.