Kilarny pensa nos seguidores do Compos

13 de Outubro de 2016
kilarny-2
Tenda Kilarny no Centro Comercial As Cancelas

– A marca de roupa nacional ofrece un 10% de desconto a todos os seguidores do Compos, tanto na tenda online como na do Centro Comercial As Cancelas.

– COMPOSKLN é o código que debes escribir para contar co desconto na web.

Santiago de Compostela, ao 13 de outubro de 2016.

Ademais de ser un dos principais patrocinadores da SD Compostela, Kilarny Sport quere dar un paso máis polo equipo ofrecendo un dobre desconto aos seguidores do conxunto compostelán.

Hai unhas semanas presentabamos a oferta que ofrece un 10% de desconto na tenda online, para todos os seguidores do Compos. Unha rebaixa que é posible entrando desde o link que hai na parte superior da web (www.sdcompostela.com).

Para ter acceso a ela, á hora de facer a compra debes introducir o código COMPOSKLN, en maiúsculas, na caixa de cupón de desconto.

Pois ben, agora, esta oferta tamén se fai válida na tenda física que a empresa de roupa española ten situada no Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela.

O local, situado na primeira planta do centro comercial, fará este desconto a todos aqueles que presenten o carné de abonado da SD Compostela. De luns a sábado, de 10 da mañá a 10 da noite poderás achegarche pola tenda e aproveitar a vantaxe que tes por ser seguidor do noso equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🫂⚽️ PANTALLA XIGANTE 👉 Se estás en Santiago, este domingo ás 12:30 anima aos nosos na Quintana🤝 Grazas ao pub La Quintana, e coa autorizacion do Concello, instalamos unha pantalla para sentir o voso alento aos nosos🙌 ENTRE TODOS, A POLO ASCENSO 🩵🤍#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Dende a SD Compostela lamentamos profundamente o pasamento de Maruxa BarralUnha muller que dedicou a súa vida ao Compos, xunto ao do seu marido Chuco BarreiroUnha aperta da familia do Compos a familiares e amigosDEP 🖤 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📢📸️️ SORTEO RETRO PECHADO Parabéns, @guillermesruso 🎉🎉🎉🩵🤍 Moitas grazas a todos por participar e por encher de cor branquiazul as bancadas do Vero Boquete. Sen dúbida, había moita xoia gardada no armario!!! Agora, coa reedición da camiseta oficial de @wearezico agardamos que teñades unha máis que sumar á colección🙌🙌🙌 E TEMOS NOVAS IMPORTANTES... 🙌🙌🙌👉 Proximamente, chegarannos máis unidades desta camiseta especialℹ️ Informaremos cando a teñamos dispoñible na Tenda Oficial#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌🎟️ PROMOCIÓN ENTRADAS BADALONAℹ️ Para os abonados que queirades ir a Badalona, o Compos asume o custe da entrada, previa reserva por mail:📧 sdcompostela@sdcompostela.com👉 Ata o xoves ás 15:00hDatos necesarios:▪️ Nome completo▪️ DNI▪️ Nº de abono📸 Nacho Castaño#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.