Kilarny pensa nos seguidores do Compos

13 de Outubro de 2016
kilarny-2
Tenda Kilarny no Centro Comercial As Cancelas

– A marca de roupa nacional ofrece un 10% de desconto a todos os seguidores do Compos, tanto na tenda online como na do Centro Comercial As Cancelas.

– COMPOSKLN é o código que debes escribir para contar co desconto na web.

Santiago de Compostela, ao 13 de outubro de 2016.

Ademais de ser un dos principais patrocinadores da SD Compostela, Kilarny Sport quere dar un paso máis polo equipo ofrecendo un dobre desconto aos seguidores do conxunto compostelán.

Hai unhas semanas presentabamos a oferta que ofrece un 10% de desconto na tenda online, para todos os seguidores do Compos. Unha rebaixa que é posible entrando desde o link que hai na parte superior da web (www.sdcompostela.com).

Para ter acceso a ela, á hora de facer a compra debes introducir o código COMPOSKLN, en maiúsculas, na caixa de cupón de desconto.

Pois ben, agora, esta oferta tamén se fai válida na tenda física que a empresa de roupa española ten situada no Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela.

O local, situado na primeira planta do centro comercial, fará este desconto a todos aqueles que presenten o carné de abonado da SD Compostela. De luns a sábado, de 10 da mañá a 10 da noite poderás achegarche pola tenda e aproveitar a vantaxe que tes por ser seguidor do noso equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, de novo todos xuntos, a pola vitoria🤝 Patrocinado por Limpiezas Salgado ⚽️ 𝐗𝟑𝟏🆚 Atl. Coruña Montañeros 🕕 18:00🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 Unha invitación para cada abonado (só online)#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso canteirán, Goris 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬!! Felices de terte de novo sobre o verde e a por moitos éxitos, xuntos!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Seguimos! Volta ao traballo para preparar un novo partido moi importante👉 Desde xa, a polo seguinte obxectivo!#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos recupera o liderado tras un gran triunfo na Lomba, 0⃣-2⃣, cun Antón Guisande, que firmou un dobrete, estelar🫂 Desprazamento masivo de afeccionados do Compos que non pararon de animar👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/12/compos-recupera-liderado-guisande/📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso adestrador trala gran vitoria na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.