Kilarny pensa nos seguidores do Compos

13 de Outubro de 2016
kilarny-2
Tenda Kilarny no Centro Comercial As Cancelas

– A marca de roupa nacional ofrece un 10% de desconto a todos os seguidores do Compos, tanto na tenda online como na do Centro Comercial As Cancelas.

– COMPOSKLN é o código que debes escribir para contar co desconto na web.

Santiago de Compostela, ao 13 de outubro de 2016.

Ademais de ser un dos principais patrocinadores da SD Compostela, Kilarny Sport quere dar un paso máis polo equipo ofrecendo un dobre desconto aos seguidores do conxunto compostelán.

Hai unhas semanas presentabamos a oferta que ofrece un 10% de desconto na tenda online, para todos os seguidores do Compos. Unha rebaixa que é posible entrando desde o link que hai na parte superior da web (www.sdcompostela.com).

Para ter acceso a ela, á hora de facer a compra debes introducir o código COMPOSKLN, en maiúsculas, na caixa de cupón de desconto.

Pois ben, agora, esta oferta tamén se fai válida na tenda física que a empresa de roupa española ten situada no Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela.

O local, situado na primeira planta do centro comercial, fará este desconto a todos aqueles que presenten o carné de abonado da SD Compostela. De luns a sábado, de 10 da mañá a 10 da noite poderás achegarche pola tenda e aproveitar a vantaxe que tes por ser seguidor do noso equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
👉 Recorda, cada abonado pode retirar unha invitación* para o partido deste domingo na nosa casa📲 Só online!🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 Todos xuntos, a por outra vitoria vital!* Non inclúe os gastos de xestión da plataforma📸 Nacho Castaño#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
💫 Recorda, mañá celebramos o III Foro Tecnoloxía e Deporte con dous referentes de alto nivel🎟️ O acceso é gratuíto ata completar aforo👉 Vémonos ás 19:00 horas no Museo Das Peregrinacións e de Santiago💫 O III Foro "Tecnoloxía e Deporte", organizado pola SD Compostela, leva ao Museo Das Peregrinacións, este próximo venres 17 de abril ás 19:00 horas, unha interesante xornada sobre envellecemento activo e exercicio físico Un evento, con acceso gratuíto ata completar aforo, no que contaremos coa participación de dous referentes ao máis alto nivel como son: 🎾 Joan Forcades, preparador físico de Rafael Nadal e Carlos Moyá 👟 Guillem Mascaró, preparador físico especializado en ultrafondo e trail running 👉 Esta nova cita xirará arredor do coñecemento e a innovación aplicada ao deporte, centrándose especialmente na relación entre exercicio físico, calidade de vida e avances tecnolóxicos Unha oportunidade única para coñecer unha visión de máximo nivel sobre rendemento e saúde, da man de dous referentes a nivel nacional nesta área Desta forma, seguimos abordando como a tecnoloxía está a revolucionar o campo do deporte e da saúde, da man de expertos de recoñecido prestixio Tralo éxito das pasadas edicións, nas que contamos con Enrique García Clavijo, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes, Miguel Ángel Leal e Lalo García, convidámoste a esta nova entrega do foro, na que contamos con patrocinio da Xunta de Galicia, do #Xacobeo2027, o Museo Das Peregrinacións e de Santiago e #PlexusSport🗓️ Venres, 17 de abril🕖 19:00h📌 Museo das Peregrinacións🎟️ Acceso gratuíto ata completar aforo🙌 Agardámoste! #tecnoloxía #deporte #innovación #envellecementoactivo #preparadorfisico #calidaddevida #tech #tenis #ultrafondo #Santiago ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🫂 XUNTOS!Este domingo necesitamos, unha vez máis, o voso apoio!Todos xuntos, a por unha nova vitoria crucial!Grazas por estar sempre aí! 🩵🤍📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, de novo todos xuntos, a pola vitoria🤝 Patrocinado por Limpiezas Salgado ⚽️ 𝐗𝟑𝟏🆚 Atl. Coruña Montañeros 🕕 18:00🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 Unha invitación para cada abonado (só online) + gastos de xestión#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso canteirán, Goris 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬!! Felices de terte de novo sobre o verde e a por moitos éxitos, xuntos!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.