Gran vitoria do xuvenil de Liga Nacional nas categorías base

15 de Novembro de 2016

Santiago de Compostela, a 15 de Novembro de 2016.

Fin de semana dispar en canto a resultados entre as categorías base da SD Compostela. Uns partidos dos que destacamos, sen dúbida, a segunda vitoria do campionato do xuvenil dirixido por Vecho.

O xuvenil de Liga Nacional segue coa súa boa xeira, despois de que gañasen fora de casa ante o Lugo. Despois do empate en As Cancelas contra o Porriño, o Compos fixo moi bo ese punto contra o segundo clasificado, cunha vitoria en terras lucenses, o que lles permite escalar na clasificación ata o décimo cuarto posto, fóra do descenso.

A vitoria ante o Lugo produciuse nun encontro que dominou de punta a cabo, grazas ao dobrete de Lexis García e aos goles de Borja Márquez e Aitor Fernández. Un 0-4 final que lles permite sumar dez puntos na clasificación.

Para mellorar ese posto e eses puntos, o próximo fin de semana, o xuvenil enfrontarase ao Barbadas, décimo sétimo con seis.

Peor sorte correron os do xuvenil B, que caeron contra o líder invicto, o Sporting Estrada, por cero goles a tres. Unha derrota asumible coa que descenden ao decimoterceiro posto, o cal tentarán mellorar ante o Cordeiro CF, décimo sexto con 10 puntos.

En canto ao cadete, gañou remontando á SD Cruces por 2-3. Os goles de Rodrigo Guada e Cristian Cerbán, serviron para empatar o encontro, mentres que Marcos Andrade selou a remontada no minuto 80. Décimos na táboa, enfróntanse este finde ao Crocha.

O que non puido manter a súa boa serie foi o Infantil A, que perdeu ante o Boiro, a pesar de que se adiantou cun gol de Gerardo Lago no minuto 1. Con todo, os da Barbanza remontaron para o 2-1 final.

Agora, o equipo santiagués está terceiro a catro puntos do líder, o Amio SD, ao que se enfrontarán precisamente este sábado ás 10:15.

Pola súa banda, o Infantil B empatou en casa ante o A Baña SD, cun gol de Carlos Permuy nos últimos minutos. Un punto que os coloca sétimos. Esta fin de semana descansarán.

Tampouco tiveron boa sorte os alevíns. O A caeu ante o líder, o Santiago de Compostela, por 1-2, aínda que se manteñen quintos. O gol local foi obra de Alejandro Dopazo. Mentres que o B, perdeu ante o Conxo por 2-0, e agora marchan novenos.

A próxima fin de semana, buscando recuperar sensacións, enfrontarase ao Amio o A, mentres que o B descansará.

Por último, o Benxamín tamén perdeu por 1-4 ante o Villestro SD. O gol dos branquiazuis foi obra de Mauro Crespo. A próxima fin de semana xogarán contra o Racing San Lorenzo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Céltiga F.C 🩵🤍 Os nosos para o encontro de mañá ás 18:00 horas na nosa casa👉 Están citados todos os xogadores #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐚𝐦𝐢𝐚𝐧!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.