Empate grazas á xenialidade de Recoba na última xogada

20 de Novembro de 2016
dsc_0204
Momento do gol de Recoba. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 20 de Novembro de 2016.

Valioso empate da SD Compostela ante o Villalonga en San Pedro, grazas a un gol de Recoba na última xogada do partido. Por terceira semana consecutiva, o Compos empata, nun encontro que se lle puxo en contra moi rápido.

O Villalonga comezou sorprendendo. Saíu máis enchufado e antes de que acabase o primeiro minuto de xogo xa se adiantara no marcador. Nun balón solto na frontal da área, Iker empalábao e este coábase pola escadra da portería de Lucas.

O prantexamento de Antonio Fernández, con cinco defensas, sorprendeu ao conxunto santiagués que non conseguía controlar o partido. Así, ao cuarto de hora do encontro, de novo Iker estaba a piques de anotar para os seus, pero por dúas veces os seus remates fóronse aos paus da meta de Lucas.

Con todo, co paso dos minutos, a SD foi tendo máis tino co balón e así chegaron as súas dúas ocasións dos primeiros 45 minutos. Primeiro, Mitogo remataba fóra un centro de Saro desde a dereita, mentres que no 42, David Nogueira gañaba o balón aos centrais, pero non acertaba coa portería ante a saída de Iván Parada, que era amoestado pola entrada ao dianteiro.

Seguindo coa dinámica dos últimos minutos da primeira metade, o Compos saíu mellor no segundo tempo, dominando a posesión e achegándose á área de Iván Parada. Ao cuarto de hora, Tomás tiña a primeira cun disparo desde a interior da área que se ía arriba. Con todo, cando mellor estaba o Compos, e xusto despois de que Recoba debutase coa zamarra branquiazul, o equipo quedaba con dez xogadores, despois de que o árbitro sacase a segunda amarela a Cardeñosa.

Cun xogador menos a situación complicábase pero, do mesmo xeito que ante o Ordes e o Barco, o Compos seguiu apertando. De feito, de novo Tomás estaba a piques de anotar o empate, despois de que o seu disparo se fose rozando o pau da portería local.

E á terceira, foi a vencida. No minuto 93, un centro colgado desde a esquerda por Cabrejo era empalado por Recoba, cunha preciosa volea que se introducía pegada ao poste dereito da meta de Iván Parada. Un golazo no seu debut co Compos, que permite ao equipo sumar por terceira semana consecutiva, contabilizando xa 20 puntos. Desde a metade de táboa, buscarán facer bo este empate lonxe de San Lázaro, cunha vitoria en casa ante o líder, o domingo que vén.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

24 minutes ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.