Lanzados a por outra vitoria

10 de Decembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/svWcyd7KRB0″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 1o de Decembro de 2016.

Coa euforia conseguida logo do seu triunfo contra o CCD Cerceda do xoves e sen apenas tempo para descansar, a Sociedade Deportiva Compostela tentará este domingo lograr unha segunda vitoria consecutiva contra a SD Negreira, a primeira lonxe de San Lázaro.

No García Calvo enfrontaranse un Negreira moi forte no seu feudo, onde só perdeu contra o Silva, contra un Compos que, a pesar de non gañar, acumula tres empates (Arousa, Villalonga e Choco) nos seus últimos desprazamentos.

Os de Jose Manuel Pouse aproveitan o seu veterenía e bo facer para facerse inexpugnables no seu campo. “É un equipo moi forte na casa, que leva moito tempo sen perder nela, moi ben armado, con xente moi experimentada, con oficio e algún compostelanista tamén”, analiza Yago Iglesias.

Este bo traballo viuse premiado cunha xeira de seis partidos sen perder, o que lles permite estar situados na sétima praza con 25 puntos, os mesmos que o Compos. “Non me sorprende a súa posición porque nesta categoría o que se premia é a regularidade e a experiencia é un grao neste aspecto”, di o técnico.

Ademais, o conxunto negreirense afrontará o partido como un derbi, un partido histórico, como así o reflectiron nas redes sociais. “Aos sitios onde imos sempre vai moito publico, xa non só de Santiago seguíndonos, senón deses lugares. En este, pola proximidade, seguro que será un partido con moito público e esperemos dar un bo espectáculo”, afirma.

Para triunfar nesa batalla, o equipo que saiba levar a cabo a súa formulación terá moito ganado. Yago teno claro: “Temos que sacar partido coas nosas armas e tentar que non leven o partido ao seu terreo. Nós queremos ter balón e que haxa ritmo, mentres que eles todo o contrario, polo que agardamos levalo ao que queremos”.

Para iso, Yago tirará de plantel, buscando atopar os xogadores máis frescos e que mellor se adapten ás circunstancias do partido. “Cun plantel longo de 22 xogadores como o noso, temos que chegar a un punto intermedio para que haxa frescura, pero tamén xente acorde ás características do rival”, explica.

Os dezaseis da partida, que serán seleccionados o propio domingo, buscarán, nun partido “cuxa preparación xa está feita de semanas anteriores”, pechar o ano co primeiro triunfo fóra. Aproveitar o estado anímico para sumar tres puntos máis: “Coa vitoria os ánimos son maiores, polo que debemos tentar que esa vitoria de onte se manteña o máximo posible e esperemos que eses tres puntos nos axuden a acabar o ano de boa forma”

O obxectivo é lograr un triunfo máis que permita ao equipo “catapultarse na clasificación”, favorecidos pola cantidade de encontros entre rivais directos. Que a euforia de onte, axude o domingo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.