San Lázaro volve sorrir

8 de Decembro de 2016
dsc_0054
Imaxe do encontro contra o Cerceda, patrocinado por Ulla Oil. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 8 de Decembro de 2016.

Despois de mes e medio de sufrimento no que as vitorias non querían chegar, o Compos volve sorrir despois de gañar ao Cerceda por dous goles a un, nun partido trepidante entre dous dos conxuntos máis fortes desta categoría.

O prantexamento inicial de Yago Iglesias con cinco defensas, ao máis puro estilo Chelsea de Conte, serviulle para sorprender a un rival que chegaba en racha, con seis triunfos consecutivos, e que aos quince minutos víase con dous goles en contra. Un peso que, a pesar de estar moi preto, non conseguiu superar.

Desde o asubío inicial, o rival e os espectadores que acudiron a San Lázaro sorprendíanse co novo esquema táctico do Compos. Cinco defensas, con Mon e Saro de carrileiros, catro no medio, con dous falsos extremos, e Mitogo en punta. Ante esta sorpresa, a SD Compostela aproveitou para poñerse por diante e afrontar o resto do partido con moita máis calma.

No minuto 6, nunha xogada triangulada, moi similar á da segunda parte do Choco, Tomás entraba desde segunda liña moi só, superaba a un rival e no último esforzo, conseguía rematar coa dereita a porta. A pelota rebotaba nun rival, sorprendendo a Valín, que non puido facer nada ante un coiro que lentamente entraba na rede.

E no once, o segundo. Aproveitando a súa nova posición, Mon adiantábase ao corte, superaba en carreira a un rival, poñía un centro raso ao corazón da área por onde entraba Tomás, que controlou coa dereita e fusilou por baixo coa esquerda. Dobrete para o vigués que sumaba dous tantos máis á súa conta goleadora.

Tras este cuarto de hora inicial, o Cerceda asentouse no campo, buscou as cóxegas da reviravolta montada por Yago e comezou a xerar ocasións a balón parado e coas subidas de Javi Otero. Precisamente, nunha falta botada por Alex Ares que non rematou ninguén e nun centro do lateral dereito que despexou en semierro Cardeñosa a córner, chegaron as primeiras ocasións visitantes.

Foron o preludio do que puido ser o terceiro gol local. Noutra saída á contra, Mon cedía en profundidade para Recoba, que remataba coa esquerda superando ao porteiro, pero un defensa cercedense quitaba o balón na liña de gol. Unha gran ocasión non materializa xusto antes do asubío do descanso.

Tras o pase polos vestiarios, comezou a tolemia. Remate de Recoba nun córner que se foi por pouco, paradón de Lucas ante Carlos López e no seguinte minuto de novo disparo de Carlos que se vai arriba. Con todo, nesta última oportunidade o árbitro sinala saque de esquina. Un erro que se fai máis grave cando á saída do mesmo, botado por Alex Ares, Marcos Caridad remataba de cabeza ao fondo das mallas.

O gol serviu para meter o nerviosismo no corpo aos compostelanistas e para impulsar ao Cerceda que vía como a remontada era posible. Para evitala, Yago quixo darlle aire ao equipo coa entrada de Nogueira e Make, e pasando o sistema ao 4-2-3-1 habitual, con Mon no centro do campo.

Co cambio de disposición, o Compos sentiuse máis cómodo e puido pechar o marcador con dúas contras mal culminadas precisamente por Make e Nogueira, pero non entraron e tocou sufrir.

No 86, Lucas salvaba aos seus cunha gran parada ao tiro de Uxío e no 88 o árbitro decretaba penalti por unha falta de Make dentro da área cando tentaba despexar o balón. De novo o meta santiagués aparecía cunha man salvadora ao lanzamento de Agulló. Todo un paradón que salvaba ao Compos, pero non sería a última.

Co tempo case cumprido, nun córner a favor do Cerceda, o balón acababa dentro da portería de Lucas, pero o colexiado, a instancias do seu linier, sinalaba fóra de xogo. Unha xogada que segundo Yago, que o viu en vídeo, está ben sinalada.

Esfumóuselle a ocasión ao Cerceda e os tres puntos volveron a San Lázaro. Despois de moito tempo sen gañar, a afección volveu sorrir.

FICHA TÉCNICA

2- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Taboada, Cabrejo, Mon; Tomás, Ube (Make, min 59), Julián, Recoba (Martín, min 87); e Mitogo (David Nogueira, min 59).

1- CCD Cerceda: Marcos Valín; Javi Otero (Abelenda, min 79), Angeriz, Marcos Caridad, Iván; Álex Ares, Edu, Agulló, Uzal (Adrián Maroñas, min 62); Carlos López (Cañi, min 73) e Uxío.

Goles: 1-0, min.7: Tomás. 2-0, min.11: Tomás. 2-1, min.53: Marcos Caridad.

Árbitro: Adrián González Franco. Amoestou aos locais Ube e Make, e ao visitante Cañi. Moi desacertado e protestado.

Incidencias: Decimooitava xornada de Liga en Terceira División disputada no Estadio Municipal de San Lázaro, con 779 espectadores nas bancadas.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.