Choque de trens

7 de Decembro de 2016

Santiago de Compostela, a 7 de Decembro de 2016.

Un rival en forma. A Sociedade Deportiva Compostela enfrontarase este xoves a un conxunto que chega terceiro na táboa con seis vitorias seguidas, as dúas últimas marcando cinco goles. Un equipo que o ano pasado chegou á última eliminatoria do playoff de ascenso á Segunda División B e, que a pesar de comezar mal a liga, postulouse como un dos favoritos para ser o campión do grupo 1 da Terceira División.

“É un equipo que está moi en forma. Comezaron un pouco titubeantes pola duración da súa tempada anterior, que foi moi longa, pero teñen xogadores de medio campo para arriba de moita calidade e virán a San Lázaro a manter a súa xeira de resultados” asegura Yago Iglesias.

Xogadores como “Alex Ares, Carlitos, Uxío, a dobre parella de medios con Agulló e Uzal” deben ser seguidos moi de preto porque “teñen moito potencial”. Por iso, Yago espera que o seu equipo “estea atento para cubrir a estes xogadores que nos poden facer dano e, a partir de aí, xerarlles nós problemas”.

Por esta razón, o adestrador do Compos espera “un partido aberto” semellante a outras tardes como as do Ribadumia ou Alondras. “Somos dous equipos con ideas de fútbol moi similares, por o que creo que será un partido moi entretido, todo un choque de trens”, afirma.

Neste duelo ao grande, o corpo técnico espera que os seus xogadores sexan capaces de materializar as ocasións que teñen. “Alégranos que xeremos ocasións porque denota que o adestrado funciona, pero temos que rematalas”, explica Yago.

Con todos os seus xogadores dispoñibles, a excepción de Samu e Santi, Yago agarda un Compostela como o do Villalbés, ou como o que pasou por encima doutros equipos que estaban por encima súa na táboa.

É por iso que conclúe cun desexo: “En casa somos un equipo moi competitivo, que sempre dá a cara e esperemos que mañá sexa unha desas tardes nas que sexamos máis fortes que o rival”. Que o Compostela sexa o que salga de pé deste choque de trens.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.