Enfrontamento benéfico na Estrada contra o Pontevedra

26 de Decembro de 2016
  • O Pontevedra C.F. e a S.D. Compostela disputarán un partido benéfico a favor do centro A Braña, que axuda a persoas con autismo.

Santiago de Compostela, a 26 de Decembro de 2016.

Este venres día 30 de decembro celebrarase no Estadio Municipal da Estrada, ás 18:00, un partido amistoso benéfico entre o Pontevedra CF SAD e a SD Compostela. Este encontro, organizado polo Club Deportivo Berres e a asociación APACAF (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar), busca recadar fondos para apoiar as persoas con autismo e as súas familias a través desta asociación sen ánimo de lucro.

Localizada na parroquia estradense de Berres, APACAF naceu en 1993 para a promoción, a educación, a integración social e a organización do tempo de lecer das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e con trastorno xeneralizado do desenvolvemento. No seu centro A Braña, levan 20 anos ofrecendo servizos coma: residencia permanente dalgúns mozos e mozas, residencia de estancia curta ou un servizo de centro de día. Segundo as palabras da súa directora, María José Ferradáns Villar, o centro é «un lugar onde viven e traballan persoas con autismo» e que ten como obxectivo que as persoas usuarias consigan o maior nivel de autonomía persoal, benestar social e integración social posible.

O Pontevedra e mais o Compostela, dous equipos históricos que militaron na 1ª División e moi queridos na comarca da Estrada, poñen o seu gran de area nesta iniciativa ao lles ofreceren a todas as persoas amantes do fútbol un partido de calidade, que asegura o entretemento de todos/as asistentes. Actualmente, o Pontevedra C.F. está nos postos de promoción de ascenso á 2ª división, mentres que a S.D. Compostela está sétima, a 5 puntos da promoción de ascenso a 2ª B. Ademais, durante o descanso haberá un partido dos equipos de nenos e nenas da EEFB (Escola Estrada de Fútbol Base).

Este será o primeiro ano que APACAF e o C.D. Berres organicen un evento deportivo benéfico e esperan ter unha grande acollida por parte do público estradense e tamén santiagués e pontevedrés. Segundo Juan Rivadulla, membro do comité organizador do club de Berres, para facer realidade esta iniciativa foron de «vital importancia» as colaboracións do Concello da Estrada, de Simply Travel e da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE).

As entradas para o partido pódense adquirir desde hoxe nas oficinas da SD Compostela, no Estadio Municipal de San Lázaro e nas oficinas de Simply Travel (rúa Justo Martínez, 22, A Estrada), tendo un prezo de venta anticipada de 8€ para persoas adultas e de 5€ para xuvenís, mentres que son de balde para cadetes, infantís, alevíns e biberóns. Tamén se poderán adquirir no despacho de billetes do estadio o mesmo día do encontro, cun prezo de 10€. Durante o partido vanse vender rifas a 1 € para o sorteo de vales de compra de ACOE e agasallos de Tico Doko. Doarase a APACAF todo o que se recade coa venda de entradas e coas rifas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCoruxo FC 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ BubaO DERBI É NOSO 🩵🤍TRES PUNTOS VITAIS NUN GRAN ENCONTRO 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO NO VAO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCORUXO F.C. 0️⃣-0️⃣ COMPOSBoa primeira parte dos nosos, apertando e roubando moitos balóns, pero sen conseguir acertar no último terzo📸 Nacho Castaño #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.