Mitogo deixa a SD Compostela

4 de Xaneiro de 2017
  • Do mesmo modo, confírmase a baixa de Manu Cedrón.

Foto: Amadeo Rey.
Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 4 de Xaneiro de 2017.

O dianteiro ecuatoguineano David Edu García Mitogo e a Sociedade Deportiva Compostela chegaron esta tarde a un acordo mutuo para a rescisión do contrato que ligaba a ambos.

O xogador, que chegou á entidade santiaguesa este verán despois da súa gran tempada no CD Barco, pediu a baixa ao club debido a unha oferta dun conxunto de Castela e León, moi próximo ao seu fogar. O equipo castelán leonés ofrécelle ademais de xogar unha oferta laboral, polo que a Sociedade Deportiva Compostela decidiu aceptar a petición de Mitogo, comprendendo a oportunidade que se lle presenta ao dianteiro.

Desde o club queremos agradecer o seu traballo por estas cores, tanto no deportivo, xa que foi unha peza moi importante do esquema de Yago Iglesias, disputando dezaseis partidos nos que anotou catro goles, coma no persoal.

Ademais, queremos desexarlle a maior da sortes para esta nova etapa e para o seu futuro, deixando claro que as portas da SD Compostela sempre estarán abertas a Mitogo, para un posible regreso se se dese a circunstancia.

Do mesmo modo, tamén queremos confirmar a baixa de Manu Cedrón na portería. O meta lucense deixa a entidade despois de que se chegase un acordo co CD Lugo para romper a cesión que ligaba ao xogador co Compos.

Desde o club lamentamos esta perda, aínda que entendemos que o porteiro buscase unha mellor opción para dispoñer dos minutos que precisa, e que non estaba a ter na capital galega.

Queremos desexarlle moita sorte para esta nova experiencia e agradecemos o seu compromiso e traballo durante estes meses.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.