Lorenzo Riveiro, novo gardameta da SD Compostela

9 de Xaneiro de 2017
Lorenzo, no seu partido co Alondras en San Lázaro. Foto: Amadeo Rey.
Lorenzo, no seu partido co Alondras en San Lázaro. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 9 de Xaneiro de 2017.

O Compos ten xa un novo porteiro. Lorenzo Riveiro Oliveira, un vello coñecido da afección compostelanista, é o novo meta da entidade branquiazul, logo de que o xogador chegase a un acordo contractual co club.

O gardameta, que recibiu na xornada de hoxe a baixa do seu anterior club, o Alondras CF, firma ata final de tempada, embarcándose así na súa segunda etapa na Sociedade Deportiva Compostela.

Nado en Padrón hai 25 anos, Lorenzo conta coa experiencia de disputar sete tempadas en Terceira División e unha en Segunda División B, precisamente no Compos. Nese ano, o padronés disputou as tres últimas xornadas do campionato ligueiro.

Despois desa etapa en Santiago, pasou polo Boiro de Terceira División e neste último ano e medio xogou no Alondras, club do que chega procedente. Alí, nas Rías Baixas, participou en 29 encontros o curso pasado e en oito nesta primeira metade de curso.

Desde hoxe, Lorenzo adestra xa baixo as ordes de Yago Iglesias, buscando competir polo posto na portería con Lucas Díaz. O mércores ás 11h será presentado nas instalacións de 442 Botas, en Área Central.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🫂 XUNTOS!Este domingo, co voso apoio, imos a polo triunfo en Vilagarcía!Todos xuntos somos máis fortes! 🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💫 O III Foro "Tecnoloxía e Deporte", organizado pola SD Compostela, leva ao Museo Das Peregrinacións, este próximo venres 17 de abril ás 19:00 horas, unha interesante xornada sobre envellecemento activo e exercicio físico Un evento, con acceso gratuíto ata completar aforo, no que contaremos coa participación de dous referentes ao máis alto nivel como son: 🎾 Joan Forcades, preparador físico de Rafael Nadal e Carlos Moyá 👟 Guillem Mascaró, preparador físico especializado en ultrafondo e trail running 👉 Esta nova cita xirará arredor do coñecemento e a innovación aplicada ao deporte, centrándose especialmente na relación entre exercicio físico, calidade de vida e avances tecnolóxicos Unha oportunidade única para coñecer unha visión de máximo nivel sobre rendemento e saúde, da man de dous referentes a nivel nacional nesta área Desta forma, seguimos abordando como a tecnoloxía está a revolucionar o campo do deporte e da saúde, da man de expertos de recoñecido prestixio Tralo éxito das pasadas edicións, nas que contamos con Enrique García Clavijo, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes, Miguel Ángel Leal e Lalo García, convidámoste a esta nova entrega do foro, na que contamos con patrocinio da Xunta de Galicia, do #Xacobeo2027, o Museo Das Peregrinacións e de Santiago e #PlexusSport🗓️ Venres, 17 de abril🕖 19:00h📌 Museo das Peregrinacións🎟️ Acceso gratuíto ata completar aforo🙌 Agardámoste! #tecnoloxía #deporte #innovación #envellecementoactivo #preparadorfisico #calidaddevida #tech #tenis #ultrafondo #Santiago ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Repetimos⁉️Este domingo apoia aos nosos en Vilagarcía e axúdanos a conseguir un triunfo vital!!!Todos xuntos somos máis fortes!!! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
ℹ️ 𝐄𝐍𝐓𝐑𝐀𝐃𝐀𝐒🎟️ O club local non permite a venta anticipada de entradas, polo que só se poderán mercar o domingo no despacho de billetes👉 Apertura a partir das 15:45 horas🏟️ Agradecen que a nosa afección acceda ao Estadio da Lomba pola bancada de Preferencia (alí estará habilitado o despacho de billetes) #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, con todo a pola vitoria⚽️ 𝐗𝟑𝟎🆚 Arosa SC🕔 17:00 horas🏟️ A Lomba🎟️ 12€ Entrada Xeral | Gratis Menores de 14🙌 Apoia aos nosos en Vilagarcía, nesta cita crucial da Liga#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.