Lorenzo Riveiro, novo gardameta da SD Compostela

9 de Xaneiro de 2017
Lorenzo, no seu partido co Alondras en San Lázaro. Foto: Amadeo Rey.
Lorenzo, no seu partido co Alondras en San Lázaro. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 9 de Xaneiro de 2017.

O Compos ten xa un novo porteiro. Lorenzo Riveiro Oliveira, un vello coñecido da afección compostelanista, é o novo meta da entidade branquiazul, logo de que o xogador chegase a un acordo contractual co club.

O gardameta, que recibiu na xornada de hoxe a baixa do seu anterior club, o Alondras CF, firma ata final de tempada, embarcándose así na súa segunda etapa na Sociedade Deportiva Compostela.

Nado en Padrón hai 25 anos, Lorenzo conta coa experiencia de disputar sete tempadas en Terceira División e unha en Segunda División B, precisamente no Compos. Nese ano, o padronés disputou as tres últimas xornadas do campionato ligueiro.

Despois desa etapa en Santiago, pasou polo Boiro de Terceira División e neste último ano e medio xogou no Alondras, club do que chega procedente. Alí, nas Rías Baixas, participou en 29 encontros o curso pasado e en oito nesta primeira metade de curso.

Desde hoxe, Lorenzo adestra xa baixo as ordes de Yago Iglesias, buscando competir polo posto na portería con Lucas Díaz. O mércores ás 11h será presentado nas instalacións de 442 Botas, en Área Central.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a por unha nova final!!⚽️ 𝐗𝟑𝟐🆚 UD Somozas 🕔 17:00 horas🏟️ Manuel Candocia🎟️ 10€ Entrada Xeral | Gratis Menores de 14 anos🙌 Todos xuntos, a conseguir tres puntos vitais!!#somozascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ A polas tres finais que restan!👉 Os nosos regresan esta tarde ao traballo para preparar o duelo vital deste domingo nas Somozas#somozascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos empatou na casa tras ir por detrás no marcador dúas veces🫂 Todos xuntos, a polas tres finais que restan para poder acadar o obxectivo!!👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/19/empate-vero-boquete-compos-2-2/📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso técnico tralo empate no Vero Boquete#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 2️⃣-2️⃣ Atl. Coruña Montañeros 📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.