MC Interiorismo Modular, novo patrocinador principal

17 de Febreiro de 2017

Santiago de Compostela, a 17 de Febreiro de 2017.

A fichaxe que faltaba. A SD Compostela ten desde hoxe un novo patrocinador principal, logo de asinar con MC Interiorismo Modular, unha empresa con dez anos de experiencia especializada nos biombos divisorios de oficina.

Xa para o partido do Dubra, os equipamentos do Compos contarán coa nova imaxe, a “dunha empresa nova, de Santiago, con futuro que pensa e cre no novo proxecto do Compostela”, define o presidente Antonio Quinteiro.

Este novo patrocinador foi presentado esta mañá ante os medios, na sede da propia empresa, no polígono do Tambre, nun acto no que estiveron presentes o xerente da firma, Manuel Pedrares, o presidente da SD Compostela, Antonio Quinteiro, e o director de márketing do club, Javier Puñal.

O máximo dirixente do Compos quixo agradecer o sacrificio de MC pola entidade e tamén comentou que espera “recompensar o seu esforzo polo club, con darlle a presenza que merece a empresa e que ao final da tempada, se somos capaces, trasladar a súa imaxe non só polo territorio galego, senón tamén pola xeografía española nun playoff de ascenso”.

Para este novo proxecto de cidade que instaura o Compos “é necesario ser apoiado polas empresas para que poida saír adiante”. Por iso, Antonio Quinteiro agarda que “este exemplo de sacrificio e confianza sexa trasladado ao resto de empresarios e que aos poucos vaiamos unindo forzas para el”.

Pola súa banda, Manuel Pedrares recoñeceu que “é un esforzo importante, pero con este apoio buscamos axudar ao club e ao mesmo tempo facer marca como empresa, porque está claro que o Compostela é un equipo con moito tirón”.

De momento o convenio é por un ano aínda que, como explicou o presidente, “desexamos que queden contentos e sigan para o ano”.

Así mesmo, o xerente de MC valora moito a imaxe da empresa e cre “que con este patrocinio se vai mellorar”. A pesar da categoría, como indicou Javier Puñal, “o noso equipo ten un gran tirón desde o punto de vista comunicativo”.

Así, o director de márketing do Compos, agradeceu a MC Interiorismo Modular que os elixise como “vehículo de comunicación para facer marca”.

Por último, Javier tamén destacou que a marca santiaguesa é unha empresa “que cre firmemente na responsabilidade social corporativa, traballando para a súa cidade e mellorándoa”. Desde xa, forma parte do club de empresas do Compos, a SD Empresarial.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.