A primeira pedra

11 de Marzo de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/_o9vGy6Ij58″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 11 de Marzo de 2017.

Co claro obxectivo de recuperar o terreo perdido, o Compos quere pechar o campionato logrando a maior cantidade de vitorias posibles. Ten a intención de sumar de tres nos dez partidos que quedan, pero para iso, primeiro hai que superar cada escollo.

O primeiro deles será un Silva que leva unha segunda volta magnífica. Os coruñeses suman cinco vitorias consecutivas e son, xunto ao Deportivo B, o conxunto con máis puntos nesta segunda parte do campionato.

Ademais, os silvenses xa saben o que é gañar ao Compos, xa que na primeira volta o resultado na Grela foi de dous goles a un, para os locais. Foi un partido no que Yago Iglesias quedou con mal sabor de boca e por iso espera este domingo tomar merecido desquite.

“A sensación da ida é de tristeza porque nos marcaron de dúas xogadas de saque banda, e máis polas ocasións que tivemos. Espero que este domingo si acaben na rede e gañemos”, explica o técnico branquiazul.

Aínda así, as condicións que se atopará o Silva en San Lázaro son totalmente opostas ás da Grela. “O seu campo é de dimensións reducidas, San Lázaro é outra cousa”. Así, os xogadores santiagueses están “desexosos de que chegue o domingo”, queren “demostrar unha vez máis o noso nivel de San Lázaro” porque levan tres semanas sen xogar na casa.

É unha oportunidade tamén para esquecer as dúas derrotas consecutivas ante Villalbés e Bergantiños. “Perder nunca gusta e máis despois da boa dinámica que levabamos. Por sorte, o fútbol dache cada semana unha nova oportunidade”, comenta Yago.

Con todo, o técnico ribeirense ten un gran respecto polo rival deste domingo. “Son un equipo con moi bos xogadores, moi físicos e cun gran medio campo. Teñen ademais moita forza a balón parado, polo que debemos defender ben para que non saquen proveito diso”, argumenta.

En palabras do adestrador, “é un club humilde que se abastece das grandes canteiras da Coruña e tamén de xogadores de fóra que veñen probar o fútbol español”. Deles, Yago destaca a un, Renan Zanelli. “É un un xogador do mellor da categoría. Hai dous anos estaba a xogar na segunda holandesa e recala no Silva, para dar o salto á profesionalidade”.

Parar a este xogador, sen se esquecer do resto do equipo, será vital para que o partido poida sacarse adiante. Para iso, Yago elaborará a lista de convocados o mesmo día de partido, unha lista na que poderán entrar todos os xogadores do plantel, fóra de Tomás e Martín, ambos lesionados.

Os dezaseis da partida buscarán cumprir o obxectivo e superar esta primeira pedra de toque, para seguir progresando na clasificación.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.