A primeira no saco

12 de Marzo de 2017
Momento do segundo do gol no partido de hoxe, patrocinado por Cenor. Foto: Amadeo Rey.
Momento do segundo do gol no partido de hoxe, patrocinado por Cenor. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 12 de Marzo de 2017.

Primeiro obxectivo cumprido. A Sociedade Deportiva Compostela, logo de dúas semanas sen puntuar, volveu gañar, no seu regreso a San Lázaro, ante un Silva que non puido facer nada ante a efectividade dun dos mellores Compos do ano.

Os mozos de Yago Iglesias viviron un primeiro tempo máis trabado, no que o vento afectou o fútbol, pero marabillaron ao público nuns segundos 45 minutos de fútbol combinativo e vertical. Ao final, o resultado quedou 5-1, pero puido caer algún gol máis.

A afección compostelanista gozou do dobrete de Nogueira e dos goles de Recoba, Ube e Santi Gegunde. A comida do domingo dos branquiazuis será, desde logo, moito máis agradable.

No regreso a San Lázaro, Yago Iglesias sorprendeu coa súa táctica, con Uña de lateral e Make de mediapunta. Unha disposición que en ataque convertíase en defensa de tres.

Esta opción escollida por Yago saíulle á perfección porque aos catro minutos xa se puxeron por diante. O vento fixo acto de presenza nun balón chovido sen aparente perigo. O porteiro visitante non mediu ben e despexou de mala maneira o esférico, o cal caeu nos pés a un David Nogueira que a empuxou rasa.

Foi toda unha inxección de moral para un Compostela que aínda que dominaba, non conseguía chegar con claridade á meta rival. De feito, a ocasión máis clara ata o descanso foi para o Silva. Renan sacaba o seu fúsil desde a frontal, pero Lucas voaba para evitar que o balón se coase pola escuadra.

Así se foi ao descanso e á volta do mesmo, a diferenza doutras veces, foi o Compos o que seguiu levando a voz cantante. Perdoaría Recoba aos catro minutos no man a man co porteiro, tirou demasiado cruzado.

Non faría o mesmo un David Nogueira moi entoado no día de hoxe. O dianteiro facíase co balón na área, tras un centro lateral, e sacaba un gran dereitazo ante o que non puido facer nada Guillermo.

Parecía que chegaba a tranquilidade, pero unha acción cambiaría todo. Un choque de cabezas entre Cardeñosa e Taboada provocou un caos absoluto, xa que non se sabía se continuarían ou non, pero finalmente así o fixeron.

E cando volveu a tranquilidade, chegou o terceiro. Ocasión idéntica á do 49, pero esta vez Recoba si que anotaría no man a man, cruzando ao segundo pau o balón cedido por Diego Rey.

Con todo, no minuto seguinte, o árbitro sinalaba un penalti por suposta falta de Cardeñosa, pena máxima transformada por Renan, cun disparo forte á dereita de Lucas.

Malia isto, reaccionaron rápido os nosos, xa que aproveitando unha contra tras un córner en contra, anotarían o cuarto. Despexou Uña, Nogueira deulla a Recoba, este conduciu e deu o pase en profundidade para Ube, que definiu perfectamente ante a saída de Guillermo. A rúbrica ao partidazo que estaba a realizar o vigués.

Pero como hoxe saía todo, este non foi o último que chegou. Nada máis entrar ao campo, Santi Gegunde soltaba un zurdazo desde a frontal da área que entraba pegado ao poste da meta de Guillermo, golazo.

E como o partido estaba a ser frenético, terminou cunha dobre ocasión. Primeiro, nun novo penalti, esta vez por man de Make, Lucas realizaba un auténtico paradón ao disparo de Renan. O brasileiro optou polo outro lado e o porteiro acertou. E despois, Santi Gegunde non era capaz de superar ao meta do Silva no man a man.

Foron as últimas dun auténtico partidazo, dos mellores vistos en San Lázaro este ano. Bo fútbol e goles para gozar como compostelanista do equipo. O Compos levanta cabeza e xa pensa no próximo rival. A primeira está no saco, pero quedan nove finais máis. Mentres, o playoff xa otea máis preto.

FICHA TÉCNICA

5- SD Compostela: Lucas; Uña, Cardeñosa (Saro, m.73), Taboada, Cabrejo; Ube (Samu, m.85), Mon; Diego Rey, Make, Recoba; e David Nogueira (Santi Gegunde, m.80).

1- Club Silva SD: Guillermo; Cardelle, Guilherme, Hugo, Pablo Andrade (Joao, m.71); Michi Leal (C), Moure (Brais, m.45); Real (Alvario, m.68), Renan, Kata; e Movilla.

Goles: 1-0: Nogueira, min.4; 2-0: Nogueira, min.53; 3-0: Recoba, min.71; 3-1: Renan, min.73; 4-1: Ube, min.79; 5-1: Santi Gegunde, min.82.

Árbitro: Iglesias Melón, colexio vigués. Amoestou a Taboada e Uña, polos locais, e Guilherme e Michi Leal, polas visitantes

Incidencias: Partido da vixésimo novena xornada de liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 400 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
💙 Queremos felicitar ao noso 🧙‍♂️ de Monterroso, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬, que esta semana foi pai dunha nena!!! 👶🫶 Parabéns, familia!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.