O Infantil A e o Benxamín seguen lanzados

14 de Marzo de 2017

Santiago de Compostela, a 14 de Marzo de 2017.

Tres dos equipos das categorías inferiores do Compos saborearon este fin de semana o mel do triunfo. O cadete, o infantil A e o benxamín foron os grandes triunfadores dunha xornada na que o alevín B tamén conseguiu empatar.

A derrota máis dura recibiuna o xuvenil de Liga Nacional. Un Celta B con fame de revencha pola derrota da primeira volta foi moi superior aos branquiazuis aos que venceu por un contundente oito a cero. O cadro dirixido por Vecho, décimo sexto agora mesmo, tentará levantar cabeza o vindeiro sábado ás 16h nas Cancelas contra o Pontevedra.

Igual sorte correu o B, quen perdeu por cinco goles a dous na súa visita ao Villestro. Os locais marcaron diferenzas desde o principio e tan só un inspirado Daniel Abeijón foi capaz de superar ao meta local, iso si, por dúas veces.

Con este resultado, os branquiazuis seguen nos postos de queima, dos que buscarán saír gañando ao CSD Arzúa, o domingo ás 12h nas Cancelas.

O primeiro que triunfou foi o cadete. O equipo de Xenxo volveu triunfar de visitante, por segunda vez consecutiva. Nesta ocasión a súa vítima foi o Callobre, quen viu como os santiagueses remontábanlle a vantaxe inicial co dobrete de Grigore Barbascumpa e o gol de Celestino Gutiérrez.

O seu próximo rival será outra vez un duro escollo, xa que se enfrontarán ao EDX Oroso o domingo ás 11 no Liño Balado, Sigüeiro.

Outro triunfador foi o Infantil A, que abre oco na súa loita polo playoff logo de gañar ao Bertamirans, de visitante, por 0-1, grazas ao tanto de Gerardo Lago de penalti no minuto 75.

Con este triunfo, o cadro branquiazul seguen cuartos e o próximo fin de semana mediranse ao Santiago, o sábado ás 12h en Santa Isabel.

Mentres o B descansou esta semana e volverá á competición o vindeiro sábado ás 11h no Municipal de Valga para enfrontarse ao Cordeiro.

En canto aos alevíns, o A non puido proseguir coa súa boa serie no playoff e caeu derrotado na súa visita ao Valiño Cabo de Cruz por dúas a un. O tanto visitante fíxoo Rubén Sande no 26. O próximo fin de semana tocaralle descansar.

O B empatou o seu encontro ante o Conxo a dous goles. Adiantouse no minuto 1 coa diana de Sergio Álvarez, remontáronlle, pero empatou no 49 por medio de Etien Pignol. O seu próximo encontro será contra o Villestro, pero a semana do 25 de marzo.

Mentres que os benxamíns si mantiveron a súa boa dinámica no playoff tras gañar ao Vista Alegre por 1-7, co dobrete de Giovanny Galo e os goles de Alejandro Prado, Abril Pazos, Breixo Longueira, David Montes e Mateo Vázquez. Agora van quintos e o seu próximo rival será La Salle, o sábado ás 15:30 no Municipal da Barrosa, Villestro.

Por último, citar que Pablo López e Roi Lortes foron convocados para un partido de adestramento coa selección sub12 de Santiago deste martes; mentres que Jorge Rama adestrará coa selección galega sub18 este martes tamén ás 16:30 no Campo Novo Doce.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.