Santiago de Compostela, a 17 de Marzo de 2017.
Desde a SD Compostela queremos agradecer a Antonio Ríos Cortés “Vecho” e Ángel Antonio Domínguez Vidal o labor realizado por esta entidade no presente curso ata a súa marcha. Ambos comezaron a tempada adestrando aos equipos de xuvenís, un o de Nacional e o outro o de Comarcal, posto que xa non ocupan nestes momentos. Por iso, queremos darlles as grazas polo traballo desempeñado neste tempo e desexarlle a maior das sortes para o seu futuro.