Buscando o segundo éxito consecutivo

18 de Marzo de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/crZUFagpt0M” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 18 de Marzo de 2017.

Despois de vencer ao Silva, a Sociedade Deportiva Compostela realizará este domingo unha longa viaxe para enfrontarse ao CD Barco, buscando sumar un segundo triunfo consecutivo que o levante na clasificación.

Os mozos de Yago Iglesias queren repetir a imaxe mostrada o domingo pasado en San Lázaro, coñecedores que é o camiño adecuado para lograr o triunfo.

Para iso, Yago terá que buscar substituto no centro da defensa, xa que David Uña, por sanción, e Cardeñosa, lesionado, non poderán xogar. Ademais, ante un equipo cun gran potencial na liña ofensiva, con xogadores como Iago Beceiro ou Ivi Vales, a seriedade defensiva será máis importante que nunca.

O técnico ribeirense destaca que o cadro ourensán “ten moito potencial de medio campo para adiante, con moita velocidade”, polo que “será fundamental non encaixar gol”.

O cadro de Valdeorras, que xa gañou na primeira volta en San Lázaro por 2-3, chega “nun gran momento”, tras gañar tres dos seus últimos catro encontros. O resultado da ida provoca que os santiagueses teñan fame de vinganza: “Queremos traer os tres puntos de alá, para recompensar a vitoria deles aquí”.

Aínda así, e como recalcou David Nogueira, “non nos imos a confiar porque no seu campo é moi difícil e a xente aperta moito”. Así, “debemos mostrar a nosa mellor versión”. Yago tamén explicou que espera un encontro “no que nós teñamos a posesión do balón e eles buscando saír á contra, moi verticais”.

O once que saia terá que estar moi concentrado e nel espera estar un David Nogueira moi motivado tras o seu dobrete o domingo pasado. “Sempre tiven confianza polo corpo técnico e os compañeiros, pero si que estou moi contento de axudar ao equipo con goles”.

Precisamente o dianteiro xa marcou na primeira volta contra este rival, aínda que espera que esta vez “sirva para sacar os tres puntos”. O dianteiro, aínda que que recalca que nunca foi de marcar moitos goles, dixo que espera que cos dous goles do domingo “empecen a entrar fóra de casa tamén”.

Se Noguegol marca, traer a vitoria do Barco estará un pouquiño máis preto. A misión é complicada, pero o plantel está cheo de confianza e ilusión porque así sexa. Buscamos o segundo éxito consecutivo.

CONVOCATORIA

2017 03 17 convocatoria

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.