O encontro contra o Arosa, “Día do club”

20 de Marzo de 2017

31 jornada compostela vs AROSA SC-001

Santiago de Compostela, a 20 de Marzo de 2017.

O próximo domingo día 26 de marzo de 2017 viviremos en San Lázaro un auténtico partidazo entre dous candidatos ao playoff de ascenso do grupo 1 da Terceira División. SD Compostela e Arosa SC enfrontaranse ás 17h en San Lázaro, buscando achegarse aos postos de honra da clasificación.

Dada a entidade do partido, o club quere contar con todo o voso ánimo nesta gran cita, apoiando a Sociedade Deportiva Compostela no que será o partido seleccionado como “Día do Club”.

Por tanto, como excepción na tempada, os socios pagarán entrada para o encontro. Iso sí, o prezo das súas entradas será de 5€, a metade dunha entrada normal.

Para facilitar o traballo dos nosos operarios, aconsellamos que todos os socios que poidan se acerquen polas oficinas do club desde o luns ata o venres para conseguir as entradas, evitando así posibles colas e problemas de última hora nas portas do Estadio o día do partido.

Ademais, para o restos de afeccionados que queiran asistir tamén ao encontro, as entradas estarán a 10€ para menores de 11 a 17 anos, mentres que a entrada xeral estará a 15€. Os menores de 10 anos entran gratis.

A forza do Compos está nos seus afeccionados. Compostelanízate.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.