Escenario magnífico para un partido de categoría

25 de Marzo de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/W7QwCBnlmIc” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 25 de Marzo de 2017.

A Sociedade Deportiva Compostela regresará este domingo a San Lázaro e farao para xogar un encontro de nivel. O conxunto branquiazul recibirá a un Arousa que está no cuarto lugar da táboa, posto que marca o corte do playoff de ascenso, e que chega lanzado, logo de lograr tres vitorias de forma consecutiva.

Ademais, o choque cobra, se cabe, máis importancia, coa situación clasificatoria actual. O Compos necesita unha vitoria para achegarse á zona nobre, mentres que o Arousa tentará afastarse dos seus inmediatos perseguidores.

Con isto mente, plantel e corpo técnico están convencidos de que os tres puntos quedarán na casa, mellorando desta forma o resultado de empate a cero da primeira volta en Vilagarcía.

“É un partido moi importante no queremos seguir coa boa imaxe mostrada na casa. Por iso, temos moitas ganas de que chegue o domingo”, explicou Yago Iglesias.

O técnico recalcou que, a excepción do Deportivo B e Rápido, “todos os equipos que chegaron a San Lázaro por encima perderon e esperamos que sexa así outra vez”.  De ser así, “poñeríase a liga moi bonita, xa que hai moitos enfrontamentos directos nas últimas xornadas”.

De todos os xeitos, para poder logralo, o Compos terá que superar a un gran conxunto “con moi bos xogadores e que ten un obxectivo desde principio de tempada, meterse entre os catro primeiros”.

Para Yago, o Arousa é un equipo “moi compensado, batallador, xa que conseguiu moitos puntos nos últimos minutos, e cun adestrador experto”. Por esta razón, será vital que o equipo estea concentrado ao 100%.

Individualmente, o técnico ribeirense destaca “a súa capacidade goleadora, con Hugo Soto e Sylla, e o seu control de balón, con Julio Rey”. Pola súa banda, o mediocentro Alberto Lamas ‘Make’, resalta “a súa contundencia defensiva, a verticalidade por banda e a experiencia dalgúns futbolistas”.

Parar a eses xogadores será capital para que a afección santiaguesa volva saborear outro triunfo. O plantel está convencido de que a fazaña é posible e confía no apoio do público para que os tres puntos queden na casa. Os que acudan ao campo verán un partido de categoría, nun escenario magnífico. No “Día do Club”, a vitoria terá que ser local.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.