Triunfo do Cadete e clasificación do InfantilA para o playoff

27 de Marzo de 2017

Santiago de Compostela, a 27 de marzo de 2017.

Na que non foi a mellor xornada para as categorías inferiores da SD Compostela, o Cadete e o Infantil A trouxeron as boas novas ás oficinas compostelanistas, xa que un volveu vencer e aséntase en media táboa, mentres que o outro clasifícase matematicamente para o playoff de ascenso á liga Galega.

Estas boas noticias contrastan coas proporcionadas polos xuvenís. O de Nacional, tras o seu triunfo contra o Pontevedra, non puido repetir épica e caeu por tres tantos a cero na súa visita ao Porriño Industrial, con dobrete de Aarón Martínez.

Este resultado mantenos décimo quintos, sendo de vital importancia o encontro da semana próxima ante o Lugo para saír deses postos perigosos. O partido xogarase o sábado ás 16h nas Cancelas.

Pola súa banda, o de comarcal caeu por dez a cero ante o líder, o Sporting Estrada. Unha goleada excesiva que, porén, non lle afectou na clasificación xa que segue todo igual. Se queren ascender algún posto, gañar na casa ao Cordeiro CF, o domingo ás 12:45 nas Cancelas, será imprescindible.

Estes tentarán lograr un éxito similar ao do cadete nesta xornada, o cal venceu por 4-0 á SD Cruces, recuperando o décimo posto da táboa, perdido a última fin de semana.

Santiago Ibáñez no 8, Cristian Cerban en 23, Juan Mallo no 38 e Alejandro Domínguez no 79 foron os goleadores no triunfo dos cadetes. Estes tentarán repetir vitoria o vindeiro domingo ás 11h en Cadreche (La Puebla) contra o Crocha.

No que respecta ao Infantil A, a pesar de que non puido pasar do empate a cero ante o CD Boiro, este resultado permítelle asinar a clasificación matemática para o playoff de ascenso á liga Galega.

Para esta segunda fase tamén está clasificado o Amio, rival dos nosos precisamente a próxima xornada, o sábado ás 12:45 no Municipal do Sergas.

Peor sorte correu o equipo B, porque perderon por un gol a cinco ante o Ulla Pontecesures. O tanto local foi obra de Mauro Iglesias, o cal significaba o empate dos branquiazuis nese momento.

A pesar de todo, seguen oitavos e con opcións de progresar, pero para iso teñen que chegar os resultados. O primeiro pode ser este sábado ás 11h no Campo de Rebordelo contra o SR Calo.

Nos alevíns, a xornada non foi nada frutífera, xa que ambos os conxuntos caeron derrotados. O A por 0-2 ante a Escola Estrada FB e o B 2-3 contra o Villestro, a pesar dos tantos de Etien Pignol e Lois Lortes.

O seu obxectivo será mellorar a súa imaxe a próxima fin de semana. O primeiro ante o Val do Ulla, o domingo ás 12h no Coto; e o segundo, o domingo ás 9:30 en Santa Isabel contra o Santiago.

E no que respecta aos benxamíns, tampouco tiveron a sorte e repetiron o resultado dos alevíns de segunda comarcal. Un 2-3 ante o Victoria, líder do seu playoff e que se adiantou rapidamente cun cero tres case definitivo. Con todo, os nosos reaccionaron e a punto estiveron de puntuar. Faltoulles un gol que sumar aos de Alejandro Prado e Andrés Castro.

A pesar diso, seguen fóra do descenso, aínda que tentarán afastarse gañando á AD Manuel Peleteiro.

Por último, citar que Abril Pazos xogou este luns un amigable coa sub12 galega feminina, mentres que Roi Lortes e Pablo López irán adestrar o mércores ás 16:45 ao campo da Merced coa selección sub12 de Santiago.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.