Buscamos ao mellor Compos viaxeiro

31 de Marzo de 2017

DSC_0223

Santiago de Compostela, a 31 de Marzo de 2017.

Un partido trampa. A SD Compostela visitará este domingo o campo de Vista Alegre para enfrontarse a un Ordes que, a pesar de xa estar descendido, busca acabar a tempada da mellor maneira posible.

Tras a súa clara vitoria na casa ante o Arousa, os mozos de Yago queren repetir premio, sumando desta forma o seu terceiro triunfo de visitante da tempada.

A tarefa non será sinxela, pero Yago está convencido de que o plantel sabe da importancia desta final. “Recalcamos toda a semana niso e os xogadores van saír mentalizados, sabendo a importancia que ten o partido para nós”, aclara o técnico.

Os branquiazuis teñen ganas de que neste tramo do curso “volvan esas vitorias de visitante, xa que é importante co que nos estamos xogando”. Os tres puntos significarían “seguir na loita por entrar no playoff, o cal é moi bonito”.

Iso si, Yago Iglesias recalcou que “a idea é a mesma. Queremos quedar o máis arriba posible, pero sempre con moita humildade”.

Aínda así, existe moita ilusión no grupo xa que “estamos a empezar a ver o Compos que todos queremos, un equipo que sabe manexar os tempos de partidos, que é efectivo, vertical e que sabe dominar coa pelota”.

Este Compos é o que Yago e todos queren ver ante un Ordes “que sairá moi arroupado”. En palabras de Yago, “é un equipo tácticamente moi equilibrado e correcto, e terá a motivación extra de xogar contra o Compos, repetindo a boa imaxe que mostraron en San Lázaro”.

Ao mellor Compos da tempada espéralle un partido que pode deixar ao equipo nunha situación inmellorable. Traer os tres puntos de Vista Alegre, o obxectivo. Buscamos ao mellor Compos viaxeiro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.