Remontada epíca para derrubar o muro do Ordes

2 de Abril de 2017

DSC_0055
Momento de Uña remontando un córner en la primera mitad. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 2 de Abril de 2017.

Segunda semana consecutiva sumando de tres e o playoff a un punto. O Compos  goza agora mesmo da vitoria conseguida ante o Ordes en Vista Alegre por un gol a dous.

Nun partido dominado de principio a fin polos visitantes, o resultado complicouse cun gol de Manu de penalti na única oportunidade local en todo o encontro. Con todo, o Compos tirou de casta e oficio e conseguiu remontar con dous tantos de Martín e Nogueira.

Sabía o Compos da importancia do partido desta tarde, un duelo trampa que lles podía catapultar na clasificación, e por iso saíron cos cinco séntidos postos desde o minuto cero. Esta concentración viuse reflectida na posesión e ocasións iniciais dos nosos.

Un Ordes embotellado tentaba por todos os seus foros que os visitantes non anotasen. En 15 minutos puidemos ver ata tres goles, pero tanto Recoba, Rubén e Santi Gegunde non acertarían co fondo das mallas.

Estas oportunidades serían o preludio das tres máis claras da primeira parte. Nun córner, Alberto sacaba co pé o cabezazo do omnipresente David Uña. Catro máis tarde, Rubén desaproveitaría unha cesión perfecta de peito de Santi, mandando a volea fóra, mentres que no 33, Diego Rey non era capaz de acertar co arco nun balón en boca de gol.

O gol estaba ao caer, con todo chegouse ao descanso sen tantos e a saída do mesmo, a hecatombe. Cesión de Uña para Lucas que rouba Darío e Lucas tira co dianteiro, cometendo penalti, unha pena máxima que anotaría Manu, ao centro e arriba.

Tocaba remontar, quedaban 40 minutos. Yago moveu pezas e estas responderon á perfección. Un minuto máis tarde de que Taboada fallase un cabezazo só, Martín, que entrara por Rubén, anotaba o tanto da tarde. Combinación pola esquerda, e o interior santiagués saca a súa clase a relucir cun tiro ao segundo pau que entrou pola escadra.

A motivación do gol levou ao Compos a envorcarse máis, aínda que parecía que o balón non quería entrar, xa que Santi por dúas veces non atoparía a meta, primeiro cun tiro virándose e despois con outro remate de socato. Tampouco sería quen de marcar Saro, aínda que o seu disparo foi despexado por Alberto de forma excepcional.

Pero no 83 chegaría o que todos estabamos a esperar. Foi nunha xogada embarullada. Centro de Diego Rey, o balón queda morto na área e Nogueira, máis listo que ninguén, adiantábase e empuxábaa ao fondo das mallas.

O muro fora derrubado. O Compos remontara o partido e xa non se escaparía. Posesión infinita, algunha ocasión máis para o terceiro, e os tres puntos que voaban para Santiago.

Coa terceira vitoria de visitantes, o Compos sitúase a un punto do playoff e encara a recta final do campionato nunha condición inmellorable. Seis finais coas que esperan entrar no playoff. O soño está preto. Haberá que derrubar máis muros como o de hoxe.

FICHA TÉCNICA

1- Órdenes SD: Alberto; Juan, Adrián, Rubén, Pablo; Alberto, Misik (Martín, m.84); Víctor (Rodrigo, m.70), Manu, Jacobo (Abel, m.46); e Darío.

2- SD Compostela: Lucas; Saro, Uña, Taboada, Cabrejo; Ube (Nogueira, m.77), Mon; Diego Rey (Make, m.84), Recoba, Rubén (Martín, m.60); e Santi Gegunde.

Goles: 1-0: Manu, min.47; 1-1: Martín, min.65; 1-2: Nogueira, min.83.

Árbitro: Pastoriza Iglesiaas, colexio lucense. Expulsou a Adrián por dobre amarela. Ademais amoestou a Juan, Pablo, Darío e Víctor, polos locais, e a Lucas e Mon, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésimo segunda xornada de liga de Terceira División disputado no campo de Vista Alegre ante 400 espectadores, douscentos deles santiagueses.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.