Xornada perfecta para os xuvenís, alevíns e benxamíns

4 de Abril de 2017

Santiago de Compostela, a 4 de Marzo de 2017.

As categorías inferiores do Compos viviron unha xornada moi produtiva no que aos resultados se refíre, xa que cinco dos sete equipos en liza gañaron os seus encontros. Ambos os xuvenís, os dous alevíns e o bexamín saborearon o mel do éxito esta fin de semana, mentres que os infantís perderían os seus duelos.

En primeiro lugar, debemos destacar o importante triunfo do Xuvenil de Nacional no seu partido nas Cancelas contra o CD Lugo. O poderoso equipo santiagués adianta un posto na clasificación e achégase un pouquiño máis á salvación grazas á súa vitoria por un gol a cero, tanto anotado por Jorge Queiruga no 79.

Aínda así, o equipo xa pensa na semana próxima, xa que se enfrontarán ao pechacancelas UD Barbadás. O triunfo é moi necesario, xa que situaría ao equipo nunha situación moi vantaxosa para as últimas cinco xornadas. Esta final xogarase o sábado ás 16h no campo dos Carrís.

Pola súa banda, o Xuvenil B tamén se aproxima á salvación logo de vencer por 4-1 ao Cordeiro, con senllos dobretes de Lois Docampo e Daniel Abeijón. Décimo quintos, visitarán ao Xuventú Aguiño, cuarto clasificado, en semana e media, o día 11 ás 17h na Tasca.

O cadete descansou esta semana, xa que o seu partido contra o Crocha se xogará o próximo 12 de abril, polo que o seu seguinte encontro será este domingo ás 10:15 nas Cancelas contra o Santiago de Compostela, un derbi moi interesante.

No que respecta aos infantís, o A, xa clasificado para o playoff de ascenso, perdeu por 4-0 ante o líder, o Amio SD; e o B, pechou a tempada ligueira cunha derrota por 2-0 ante o SR Calo.

Tras estes tropezóns, os primeiros xogarán contra o Dubra, o sábado ás 11:15 na Merced, mentres que os outros comezarán a Copa de Santiago contra o Manuel Peleteiro, encontro que se xogará o sábado ás 11h nas instalacións do colexio.

A diferenza dos anteriores, o Alevín A gañou por dous goles a catro ao Val do Ulla, no playoff ao título. Os tantos de Rubén Sande, Alejandro Dopazo (dous) e Lois Lortes, colocan ao cadro branquiazul no undécimo posto. O seu próximo partido será este xoves ás 19:30 nas Cancelas contra o Bertamiráns.

Do mesmo xeito que o superior, o Alevín B tamén gañou, no seu caso, por un gol a dous ao Santiago de Compostela. Os mozos compostelanistas adiantáronse con tantos de Etien Pignol e Lucas Novo, e xa non deixaron escapar a vantaxe. Eles agora van sétimos e o seu rival deste sábado será o Burgo dás Nacións, ás 9:30 nas Cancelas.

Mentras que por último, o benxamín, no seu playoff de descenso, gana aire despois de vencer por 0-4 ao Manuel Peleteiro. Alejandro Dopazo, Breixo Longueira, Abril Pazos e de novo Breixo selaron un triunfo moi importante para os nenos branquiazuis.

Este sábado ás 15:30 nas Cancelas mediranse ao seu inmediato predecesor, o Racing San Lorenzo, outro partido de nivel para medir as súas aspiracións.

Ademais, Abril Pazos, Roi Lortes, Pablo López e Jorge Rama irán con diferentes seleccións esta semana. Abril adestrará coa selección sub12 Santiago e xogou un amigable coa galega sub12 tamén; Roi e Pablo, adestrarán coa sub12, masculina no seu caso; mentres que Jorge Rama xogará un amigable coa selección galega sub18, este mércores ante o Celta de División de Honra.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.