Reforzar o fortín

7 de Abril de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/9xppwEtuzEo” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 7 de Abril de 2017.

Co obxectivo de lograr a súa terceira vitoria consecutiva e manterse enganchado á loita polo playoff, a SD Compostela xogará este domingo en San Lázaro contra un Villalonga que tenta achegarse á zona tranquila da táboa e así evitar a pelexa do descenso.

Nunha tarde que se presupón asollada, o club pretende encher a bancada de tribuna de San Lázaro, para gozar dun estadio lúcido, á vez que sirva de aliciente para apoiar aos futbolistas, actuando como o xogador número doce. Para iso, cada socio puido retirar tres entradas gratuítas por carné.

Con todo, en fronte estará un rival que xa lle puxo as cousas moi complicadas ao Compos na primeira volta. “No seu campo, expuxéronnos un partido moi físico, favorecidos por un campo encharcado, marcáronnos moi rápido e foi todo moi complicado”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Daquelas, no primeiro partido de Recoba, un gol seu de volea permitiu o empate. Agora, Yago espera manter unha efectividade maior á dese encontro, similar á das últimas xornadas na casa. “Espero que sigamos coa dinámica de marcar moitos goles en casa, marcar o 50% do que xeramos”, comentou.

En adición, sintetizou como ve o partido: “Debemos estar equilibrados, cambiando rápido o chip de ter o balón, a perdelo. Ademais, temos que estar concentrados nas xogadas a balón parado, porque teñen bos lanzadores e xente que remata ben e evitar, na medida do posible, que nos finalicen”.

Por tanto, é importante “ser o Compostela das últimas semanas” para seguir loitando por ese carameliño “que queremos coller”. Que se manteña “a dinámica ascendente desta segunda volta” e partir de aí “pode pasar de todo”, asegura Martín, goleador a semana pasada en Ordes saíndo desde o banco.

O interior santiagués explicou que “chegados a este punto da competición, temos que ser fieis a nós mesmos e loitar ata o final”, uns últimos partidos “nos que a xente máis experta, temos que achegar o noso granceiro de area”. O importante, para o interior santiagués, é “seguir coa filosofía do partido a partido, loitando cada encontro coma se fose unha final”.

Así, na final de San Lázaro deste domingo, xogadores e corpo técnico esperan contar co ánimo necesario para este tipo de partidos. O técnico ribeirense só pide unha cousa, “que a xente anime sexa cal for o marcador, porque nos axuda unha chea, tal e como vimos a semana pasada”.

Se logramos o obxectivo de encher a tribuna de San Lázaro, lograr os tres puntos estará un pouquiño máis preto. Necesitamos reforzar o fortín santiagués. San Lázaro ten que ser unha caldeira e que os tres puntos queden na casa.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.