Festa de fin de tempada

24 de Abril de 2017

DSC_0190 (1)

Santiago de Compostela, a 24 de Abril de 2017.

A SD Compostela iniciou este ano un novo proxecto, novo e ilusionante, coa intención de afianzar un bloque con moita proxección que poida dar grandes resultados nun futuro a medio ou longo prazo. Así, a pesar de que finalmente parece que non entrarán no playoff, o club quere pechar o ano cunha gran festa na que pretende reunir a plantel, corpo técnico e afeccionados.

Para iso, organiza unha “Festa de final de Tempada” que se celebrará o martes 16 de maio, previo ao Día das Letras Galegas, ás 21:30 no Parking de San Lázaro.

A festa constará dun churrasco para quentar motores, aínda que tamén haberá un pulpeiro para aqueles que o desexen, e continuará cos concertos de despois. Ademais haberá carpa, por se non acompaña o tempo, e cantina con prezos populares.

A bandexa de churrasco, que estará composta de churrasco mixto, polo, criollo, pan, garfo e servilleta, custará 5€ para socios, 7€ para non socios e 10€ para todos aqueles que a paguen no propio día.

Para conseguir a entrada por adiantado podes facelo nas oficinas do club, no Estadio de San Lázaro, no horario de oficina, de luns a venres de 10h a 13h e de 16h a 20:30h.

Os concertos comezarán ás 22h coa actuación de Grupo Beatriz de Asturias (Raíña das Festas Asturianas con 6CD no mercado e 160 actuacións anuais). Despois, ao acabar, comezará a Festa “Kyoto” con Manu GZ e Marcos Magan, que acompañarán aos compostelanistas ata a madrugada.

O club espera contar coa maior cantidade de compostelanistas posibles, xa que é unha festa para todos eles. Queremos reforzar a imaxe dun club unido que quere crecer ao redor da súa cidade, Santiago de Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.