Visita a un duro rival

29 de Abril de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=WHUKotcgMM8″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 29 de Abril de 2017.

Coa xornada acabada, co consecuente risco de ter perdido a posibilidade de seguir loitando polo playoff, o luns Cerceda e Compostela enfrontaranse no Roxo, nun duelo entre dous dos equipazos desta Terceira División Galega. O partido da primeira volta demostrou a calidade que atesouran ambos os conxuntos e este non será menos.

A pesar de que a clasificación sorriu claramente para os locais desde o partido de San Lázaro, espérase un duelo moi igualado, similar ao vivido en terras santiaguesas, con dous conxuntos que lles gusta o bo trato de balón e nun campo que permite gozar do bo fútbol.

Naquel encontro vivido nos festivos de decembro, o resultado fóra de vitoria branquiazul por dous goles a un, con dous tantos de Tomás nos primeiros instantes e un penalti detido por Lucas no último minuto, que salvou o empate.

Agora, cinco meses máis tarde, Yago espera un resultado similar. “Na ida gañámoslles facendo moi bo partido, así que sen presión e ataduras de xornadas pasadas, espero que deamos a nosa mellor versión”, explica.

O adestrador quere que os seus mozos “acaben a tempada da mellor maneira posible”, xa que “temos que seguir poñendo banzos para as seguintes tempadas”. Aínda que non se xoguen o playoff, “pertencemos a un club grande e con moita historia e non imos deixar de pelexar ata o último minuto”, asegura.

Nunhas palabras similares ao técnico, o dianteiro Santi Gegunde, autor do primeiro gol ante o Choco, destacou que o grupo “quere lavar a imaxe destas últimas xornadas, sobre todo nos partidos da casa”.

En canto ao rival deste luns, o Cerceda, Yago asegura que é un equipo “como a clasificación e historia di”. Para o técnico ribeirense, é un conxunto con “moito potencial e moi bos xogadores”. Sabe ademais, que sendo o partido o luns, quizais xa estean clasificados matematicamente para o playoff, polo que “se cadra xa pensan nel, dando descanso a xogadores importantes”.

Pola súa banda, o dianteiro lucense, espera un Cerceda “que xogue o balón desde atrás, xa que é a filosofía do seu novo técnico”. Por iso, o conxunto branquiazul quere “dominar coa pelota para que eles sufran”.

Será o primeiro rival dos tres que quedan nun final de tempada, no que Yago fará “un 50/50 con todos os xogadores do plantel, escollendo a aqueles que mellor se adapten á formulación do partido”. Iso si, os que saian ao campo “darán o 100% por quedar o máis arriba posible”.

Deste xeito, plantel e corpo técnico esperan sumar un importante triunfo ante un duro rival no Roxo. A tarefa non será nada sinxela, pero o equipo encara o choque con moito optimismo. Buscarán recuperar a senda da vitoria, nun campo complicado.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.